Aberto o prazo de inscrición para hostalería no sétimo concurso O Petisquiño
O concurso de petiscos máis extendido na cidade confirma a súa sétima que se celebrará entre o 28 de outubro e o 14 de novembro. A organización acaba de abrir o prazo de inscrición para os locais de hostelería que desexen participar no concurso gastronómico.
A Federación de Hostalería de Pontevedra e Hostalería de Vigo ( FEPROHOS) recuperan o Concurso de Tapas Petisquiño, terá lugar en Vigo entre os días 28 de outubro e 14 de novembro, e anima aos hostaleiros para participar nesta iniciativa. Esta será a sétima etición do concurso de petiscos que botou a andar no ano 2014, co obxectivo de poñer en valor a gastronomía da cidade de Vigo e fomentar o consumo entre os hostaleiros. A proposta non deixou de crecer desde entón, ampliando locais participantes, comensais e barrios. Na úa ultima edición, no outono de 2019, participan un total de 52 locais divididos en seis zonas: Casco Vello, Centro, Náutico, Corte Inglés-Casablanca, Bouzas e Lavadores.
O prazo de inscrición está aberto ata o 26 de outubro para os establemecementos do hostalería a través da páxina web oficial do concurso, onde se atopan as bases de participación. A organización tamén pon a disposición un número de teléfono para consultar dúbidas, o 986 43 24 00. Cada establecemento poderá presentar un petisco con produtos de proximidade e de tempada, á que deberá asignar un prezo entre 1,50 e 4,50€, adxuntar unha foto e indicar o horario no que estará dispoñible. como novidade desta edición, as tapas deberán ser en formato para levar e será a organización do concurso a que facilite o envase.
As tapas participantes optarán a catro premios de distintas categorías: Tapa máis popular (aqula con máis votos), Tapa máis tradicional, Tapa máis riquiña e Tapa máis innovadora.con premios valorados en 500€ en produto. Tamén haberá un gañador á mellor tapa terá un premio especial patrocinado por Estrela Galicia e que será o representante nos campeonatos de tapas provincial, autonómico e nacional. En pasadas edicións os gañadores foron elixidos mediante o voto dos consumidores, que depositaban unha papeleta despois da degustación puntuando a relación calidade/prezo, o sabor e a presentación.