VIALIA
CAMELIAS NADAL

A feira Vegana volve a Vigo e abre o prazo de inscrición para expositores

A segunda edición de Vegana, a Feira Vegana e Sostible de Galicia, volverá ao IFEVI de Vigo os días 1, 2 e 3 de xullo. Con só unha edición é xa a maior feira de España no seu sector e congrega a profesionais da alimentación, a cosmética, a moda e a artesanía, así como ONG que promoven un estilo de vida vexetal, saudable e sostible. 

Vegana 2021

O evento buscará repetir o éxito da pasada edición, naque congregou a 12.000 persoas en torno ao veganismo e a sostibilidade, converténdose na feira do sector máis grande de España e unha das máis visitadas de Europa. Como principais novidades deste ano a feira prolongará a súa duración unha xornada, ampliará o número de expositores e trasládase ao verán, o que permitirá a celebración de actividades ligadas ao evento ao aire libre. Repítese ubicación, o IFEVI.

CAMELIAS NADAL

Dado o éxito da primeira edición, Vegana 2022 volve co dobre de espazo expositivo, cunha maior previsión de casetas de alimentación, cosmética, moda, calzado e artesanía, máis santuarios e oenegués, máis actividades lúdicas para todo tipo de públicos, demostracións de cociña, puntos de información nutricional, charlas, debates, música en directo, restaurantes, food trucks e unha completa programación sobre sostibilidade, nutrición e empatía interespecie que se irá debullando ao longo dos vindeiros meses.

Entre as empresas que xa amosaron interese en participar haiproxectos e iniciativas locais para os que a feira será unha oportunidade de darse a coñecer, así como de establecer relación e crear lazos con outras empresas. Así mesmo, outras marcas de recoñecido prestixio estatal e internacional están a amosar curiosidade sobre como formar parte desa feira . Os expositores poderán inscribirse a partir deste luns 14 de febrero a través da páxina web vegana.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 1 de maio.

Vegana naceu en 2021 como punto de encontro daquelas persoas comprometidas cun mundo máis sostible e respectuoso co medio ambiente. Este ano 2022, a organización aspira a repetir o éxito da primeira edición reunindo a miles de persoas, veganas e non veganas, e a centos de empresas, firmas e proxectos relacionados co sector, para así consolidar a feira e convertela na mostra de referencia a nivel europeo.