A quen queres ver en Castrelos en 2025?
O goberno local abriu o proceso para que as empresas presenten as súas ofertas de actuacións para Castrelos en 2025. As bases xa están dispoñibles na páxina web municipal.
O alcalde deu conta do inicio do expediente para a convocatoria pública da selección de actuacións en Castrelos 2025. O primeiro paso é a publicación na páxina web municipal das bases cos requisitos que deben reunir as propostas artísticas que presenten as distintas empresas interesadas. Poderán ser actuacións musicais, de danza, teatro, circo, maxia e outras artes escénicas, tanto nacionais como internacionais. Teñen que ter interese xeral e dar cobertura á maior diversidade de público obxectivo, como mínimo a 15.000 persoas. O espectáculo, ademais, deberá adaptarse ao espazo e ás características técnicas do Auditorio de Castrelos.
Ao mesmo tempo, o alcalde publicou un vídeo nas súas redes sociais no que pregunta á cidadanía polos seus grupos e artistas favoritos para encher o gran auditorio ao aire libre durante o próximo verán. “Faremos o que vós digades”, afirma o dirixente. O post en Instagram conta xa con centos de comentarios moi diversos, pero algúns dos nomes que máis se repiten son Arde Bogotá, C. Tangana, Estopa, Coldplay, Bruce Springsteen ou o vigués Iván Ferreiro. Cal proporías ti?
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024