REVISTA ABRIL

Se queres follón: desenfreno cabaret

Onte acudimos a un dos espectáculos máis transgresores que están a ter lugar en Vigo nestes días: o ‘Desenfreno Cabaret’. Unha proposta que se presenta baixo o eslogan de ‘Sexo, ideas y mucho follón’ e nada diso faltou. Se aínda non fuches, hoxe ás 22:00 ou mañá ás 20:00 tes unha cita!

O show, con Agustín Leirós como maestro de ceremonias, combina humor, baile, teatro, erotismo e ate crítica social. Un popurrí que pese ser ambicioso, cumpre ben as expectativas, grazas a Leirós que consegue ir fiando os diferentes números.

A salientar os esqueches que se foron intercalando ao longo do espectáculo. Tres pezas nas que a interpretación de María Heredia e Hugo Santos estiveron moi acertadas. Trataron temas moi actuáis como son: a dependencia tecnolóxica en deprimendo das relación cara a cara, os diferentes modelos de familia e a monotonía na que caen as relacións longas. Sempre en clave de humor e con unha volta final que sorprenden ao espectador.

REVISTA ABRIL

Non faltou a crítica política. Nas súas varias aparicións, Agustín Leirós aproveitou a ocasión para facer referencia e guiños a política local mencionando o alumeado navideño ou o dinoseto; e tamén a nacional, sacando temas como o dos lumes ou a corrupción dos partidos políticos.

Lucía Domíguez foi a voz do espectáculo, acompañada de Jesús Moares ao piano, os seus números conseguían desprazarnos a máis pura esencia do Cabaret. Non faltou tampouco a parte máis sensual, que foi o ingrediente principal de varias pezas intermedias e que tivo o seu punto álxido nunha actuación de Heredia e Santos, un baile erótico e moi senxual pero nada burdo.

Desenfreno Cabaret contou nesta ocasión coas actuacións de dous artistas invitados que puxeron a guinda ao pastel. Trátase do Drac Queen David Burgarín e da bailarina italiana Dempsse G. que fixeron vibrar ao público. O primeiro cun show que nos trasladaba directos ao carnaval de Brasil e no que destacaba o vestiario. E a segunda cun baile cheo de erotismo.