A Media Maratón ‘La 21’ percorrerá a costa de Vigo este domingo
A Media maratón de Vigo celebra este domingo a súa 21 edición con cambios na organización e no percorrido, que transcurrirá pegado á costa da cidade. Contémplanse tres modalidades de participación: 21 km, 10km, e media maratón por relevos de dous ou catro corredores. As inscricións para todas as probas están abertas ata este xoves, 14 de novembro na páxina web da carreira.
Como grande novidade deste ano destaca o cambio de percorrido, que faise máis atractivo ao decorrer en grande medida pola liña de costa da cidade, proporcionando vistas á ría durante moitos quilómetros. A media maratón sairá de Coruxo ás 10 da mañá e percorrerá Samil, Alcabre, Bouzas e Beiramar, ata chegar a Montero Ríos, onde estará situada a liña de meta. A modalidade 10k, bautizada como ‘Carrera Rías Baixas’, sairá desde a praia de A Fonte ás 11h para facer o mesmo percorrido, que atravesará os túneles da Avenida de Beiramar pechados ao tráfico.
Outra das novidades desta edición é o acordo con Vitrasa, que facilitará o transporte dos corredores. Os vigueses que acudan á liña de saída, situada na praia do Vao contarán cun servizo de autobús extraordinario que sairá de A Laxe ás 8:45. Para os que opten por correr 10 km, o transporte sairá do mesmo lugar unha hora máis tarde, ás 9:45. Os billetes poden adquirirse xa a través da plataforma Woutick con posibilidade de aplicar o desconto da PassVigo introducindo o código persoal da mesma. Despois de correr, outro autobús sairá ás 12:30h de A Laxe, deixando aos corredores na praia de A Fonte ou O Vao, según corresponda.
Ademáis, contarase cun servizo gratuíto, tamén proporcionado por Vitrasa, para favorecer que os participantes das modalidades 10 km e relevos poidan moverse sen necesidade de coche. Ás 9:30 sairá de O Vao para deixar aos runners nos seus correspondentes puntos de saída: a praia de A Fonte , para os corredores da 10k e os relevos de dúas e catro persoas ; e a Praza da Industria para os últimos relevistas da modalidade a catro. Tamén será gratuíto o servizo de ‘coche escoba’ , que recollerá a aquelas persoas que non sexan capaces de rematar a proba para levalos ata a meta.
A día de hoxe, a organización conta con 900 persoas inscritas en todas as modalidades, o 20% de fóra da provincia de Pontevedra. O prazo de incrición péchase este xoves, 14 de novembro.