REVISTA ABRIL

Este domingo volve a Fragoselo a Vigo Bike Contest ’19

A Vigo Bike Contest ’19 volve aos montes de Coruxo o domingo 10 de marzo cunha competición que presenta dúas modalidades: a Enduro Pro, con 22km e competitiva; e a Enduro Experience, de 18km e sen cronos.

Un participante na edición do ano pasado | Vigo Bike Contest

A primeira parte da Vigo Bike Contest ’19 terá lugar este domingo 10 de marzo en Fragoselo, Coruxo. Alí poderemos participar nas dúas probas que hai dispoñibles este ano. Podes inscribirte premendo na seguinte ligazón.

REVISTA ABRIL

A Enduro Pro, con saída ás 8:45, será de 22 km, 1000m de desnivel e dividida en catro tramos, cunha miniavalancha final. É precisa a licenza de competición para poder participar.Se queres correr esta proba pero sen a presión do crono, podes inscribirte na Enduro Experience, de 18km e só precisa a licenza de cicloturista ou a de 1 día. A saída será ás 10:00.

O lema deste ano é Home, Sweet Home debido ao retorno aos montes de Coruxo, nos que non puideron realizar a carreira os anos anteriores debido aos incendios que arrasaron gran parte da contorna.

Polo de agora os inscritos xa superan os 220, todo un record nesta proba. A segunda parte da Vigo Bike Contest terá lugar o 28 de abril en Candeán coa XC Maratón Transgalicia, cun percorrido de 56 km e 1200m de desnivel.