VEGANA

Este domingo corre e colabora na I Carreira Solidaria Aloya 5.0

Correr senta mellor cando estás axudando aos demais. Hoxe presentouse a I Carreira Solidaria Aloya 5.0, a cal pretende recaudar fondos para a asociación benéfica Aspanaex. Terá lugar o domingo 17 ás 11:00, o percorrido será de 5 km e o seu prezo, 7 euros.

 

Para celebrar o seu 50 aniversario, o Centro de Estudos Superiores Aloya organiza esta carreira solidaria o domingo 17 ás 11 da mañá, que sairá do propio Centro Aloya ata finalizar na Rúa As Avenidas, pasando polas rúas de Venezuela, Gran Vía, Urzaiz, Colón, García Barbón e Areal, co cal case todo o traxecto, de só 5 km, será costa abaixo. Ao chegar á meta, haberá abitoallamento, camisetas commemorativas do aniversario e medallas para os primeiros.

Os interesados en inscribirse teñen ata o xoves 14, e poderán facelo a través da páxina cronotec.es cun custo de 7 euros. Agás o euro do seguro de cada corredor, o prezo íntegro será dedicado á asociación a favor das persoas con discapacidade intelectual ASPANAEX. Para os que non queiran ou poidan correr ese día, existen dorsais solidarios polo prezo de 3 e 5 euros.

Na actualidade, ASPANAEX atópase realizando un ambicioso proxecto na cidade, o cal consiste en poñer en marcha unha residencia para persoas con dicapacidade intelectual dunhas 60 plazas, situado no antigo edificio de especialidades de Coia. Se tódolos prazos se cumpren, desde a organización queren que comece a funcionar con normalidade para principios do ano que vén.

REVISTA OUTUBRO

Desta forma, e co máis que probable bo tempo da fin de semana, poderás disfrutar dunha agradable carreiriña matinal á vez que axudas ao que máis o necesitan.