A ‘bulería’ de Bisbal ameazada pola chuvia
David Bisbal volve á Finca da Marquesa conseguindo sold out. Máis de quince anos sobre os escenarios, cun chorro de voz característico e un baile que lle define, o almeriense esgota as entradas para 8 de agosto no Auditorio de Castrelos, onde xa tocou en 2004 e 2010. A ameaza de chuvia pon en xaque o concerto, previsto para este xoves ás 23:00 horas.
David Bisbal forma parte da primeira edición da exitosa academia de Operación Triunfo no 2001, onde obtivo o segundo premio tras gañar a emblemática Rosa López. O almeriense acumula máis de 60 discos platinos e case unha centena de premios. Ademais o seu single ‘Ave María‘ é unha das cancións máis coñecidas e escoitadas na radio de España e América Latina. Este xoves 8 de agosto ás 23:00 Bisbal, se a chuvia o permite, conclúe un verán repleto de música na Finca da Marquesa.
O ex-concursante de OT ten 7 álbums de estudo entre os que se atopan ‘Corazón Latino’, ‘Sin Mirar Atrás’ ou o último, lanzado en 2016, ‘Hijos del mar’. Participou en numerosos programas de televisión entre os que destaca como coach en ‘La Voz Kids’ e na recentemente estreada ‘La Voz Senior’.
O concerto dunha das figuras máis importantes da música española, pechará este inesquecible e espectacular verán musical no Auditorio de Castrelos. Unha cita á que ninguén debe faltar xa non porque sexa gratis, senón para tamén gozar de grandes éxitos como poden ser os xa mencionados e o indudable chorro de voz do almeriense.