CASAACUNHA

A chuvia varía a ‘historia’ da Reconquista

Finalmente a chuvia impediu que A Reconquista culminase como se agardaba: coa rendición e expulsión dos franceses. Aínda que o tempo respectou a festa durante a maior parte da fin de semana, onte a tarde a forte chuvia fixo que a representación da Reconquista se vise modificada.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Banner A Movidiña

Parecía que a Reconquista ía zafarse pese a ameazante previsión de chuvia. A xornada do sábado transcorreu sen auga para ledicia de tódolos vigueses que encheron as prazas do Casco Vello. O domingo pola mañá, pequenos chaparróns intermitentes non impediron que a troula continuase; pero pola tarde, a chuvia fíxose persistente e augou o fin de festa.

A representación da Reconquista da Vila de Vigo estaba previsto que comezase ás 18:00 horas na Porta do Sol. Alí se aglutinaban actores, organización e o público ataviado con chuvasqueiros e paraugas, todos coa incerteza do que ía acontecer. Tras media hora de espera, vigueses e franceses saíron ao medio da praza nunha liorta improvisada. Os locais tiraban verduras aos franceses e dende o escenario o alcalde, Abel Caballero, outras persoas da corporación e algúns actores saltaban ao grito de ‘Viva Vigo!’. Franceses e vigueses remataron por cantar a Rianxeira en total confraternidade. Unha nova e improvisada versión para por fin ao evento.

Dende a organización xa están a procura doutra data para que se leve a cabo a escenificación e que tódolos vigueses poidan revivir un ano máis como botamos aos franceses e nos facemos co poder da vila.