VIALIA
CAMELIAS NADAL

A chuvia non quita as ganas de festa no Barbeira Season Fest

A pesar de que as previsións climatolóxicas para este sábado non son as mellores, desde o Barbeira Season Fest teñen todo planeado para que a festa non se resinta. Mantéñense todos os concertos e o programa de actividades, que se trasladarán en boa parte á horta do Parador de Baiona.

CAMELIAS NADAL

Ao mal tempo boa cara. O Barbeira Season Fest de Baiona, un dos festivais máis interdisciplinares de Galicia, mantén o seu programa de actividades e concertos. Máis de dez grupos de tirón nacional e galego, contido cultural como charlas, residencias artísticas de novos creadores, accións de sustentabilidade, exposicións e difusión do Camiño de Santiago ou a alta gastronomía, compoñen o programa deste evento que forma parte do programa “O teu Xacobeo”,

Desde da organización informan que boa parte da programación de concertos e actividades gratuítas trasladaranse á horta do Parador, que colabora desde o primeiro momento co evento. Esta localización disporá dunha carpa transparente para que a chuvia non dé máis guerra da conta. En canto o último concerto da noite finalice, a organización abrirá as portas a todo o mundo para que se una ao fin de festa.

O cartel está formado por artistas recoñecidos a nivel nacional como a banda madrileña de indie pop Los Punsetes, o polémico trapeiro barcelonés Cecilio G, os valenciáns La Habitación Roja co seu pop rock en formato acústico, a cantante bilbaína La Bien Querida ou o trío Cariño, co seu particular e novidoso pop. Completan a parrilla propostas como Boyanka Kostova, Zeltia Irevire, Thomas Dylan & Balea, Axolotes Mexicanos, Manu TF DJ e Paula Docampo DJ. Para seguir de preto todas as novidades de última hora do festival, podedes botar un ollo na súa páxina de Facebook.

(GMT+01:00) Praia da Barbeira