REVISTA ABRIL

Caballero adianta o acendido das luces ao mércores 2 pola chuvia

O acendido das luces do Nadal, previsto para o xoves día 3 ás 20.00 horas, adiántase 24 horas pola previsión de chuvia para a xornada do xoves. O acto será a porta pechada, só acudirán 50 persoas e Caballero anima aos vigueses a seguilo a través dos medios de comunicación.

Imaxe durante un dos acendidos das luces de Nadal en Vigo. | P. Vázquez

Ante a ameaza de chuvia para o xoves día 3, Abel Caballero acaba de anunciar que o acendido das luces do Nadal terá lugar o mércores ás 20.00 horas na gran árbore que este ano está situada na rúa Policarpo Sanz, frente o teatro Afundación.

As únicas persoas presentes no acto serán representantes de asociacións veciñais e culturais. Un máximo de 50 persoas que estarán sentadas en cadeiras e respectando a distancia de seguridade, polo que haberá un control absoluto do aforo en todo momento. O alcalde pide aos vigueses que non acudan ao acendido para evitar aglomeracións e invita a seguilo a través das redes sociais e os medios de comunicación. Caballero engadiu que todos os vigueses terán tempo a visitar o alumeado e fixo un chamamento a gozar das luces nos distintos barrios, xa que todos estarán engalanados de Nadal.