O Vigo SeaFest volve encher o Náutico de música, gastronomía e actividades mariñas
O festival Vigo SeaFest regresa á zona do Náutico do 11 ao 14 de xullo con catro xornadas repletas de actividades, gastronomía, música e outros espectáculos.
![](https://amovida.gal/wp-content/uploads/2019/07/seafest-e1656929506632.jpg)
O Vigo SeaFest celebrará a súa quinta edición nos xardíns de Elduayen entre o 11 e o 14 de xullo. O festival ten como obxectivo principal promocionar o consumo de produtos pesqueiros nun ambiente festivo, aproveitando o evento para destacar a calidade e variedade dos produtos de ARVI (Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo). Ademais desa posta en valor, tamén se desenvolverán diferentes talleres e actividades durante os tres días e medio que durará o festival para resaltar a importancia socioeconómica do sector pesqueiro galego.
Un dos grandes atractivos do evento é o concurso de tapas Fish & Beer, onde participan numerosos locais da cidade. Se queres coñecer as deliciosas propostas dos chefs, preme aquí.
![](https://amovida.gal/wp-content/uploads/2024/07/chefs01.jpg)
O apartado musical tamén é un dos pratos fortes do Vigo SeaFest, que conta cunha coidada programación musical que se move entre o rock e o soul. Os cabezas de cartel son The Limboos, banda galega radicada en Madrid; Gigi McFarlane, cantante e compositora londinense; e Los Saxos del Averno, sexteto de R&B protagonizado polo son deste instrumento de vento. Tamén subirán a segundo escenario artistas locais como Tangomango, Copos de Avena, La Chata Soul ou Pablo Novoa con Litus.
![](https://amovida.gal/wp-content/uploads/2024/07/PHOTO-2024-06-17-17-13-10.jpg)
No tocante ás actividades, desde o xoves ata o domingo haberá showcookings, flashmobs, coloquios, monólogos, talleres de cociña infantil e obradoiros de marisqueo. Tampouco faltarán os deportes, como o paddle surf, o torneo de baloncesto 3×3 e os bautismos de mar. Máis información premendo aquí.
![](https://amovida.gal/wp-content/uploads/2024/07/Mapa_24.jpg)
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Ed Sheeran bástase el só para coroar o Monte do Gozo - 7 Xullo, 2024
- O Vigo SeaFest volve encher o Náutico de música, gastronomía e actividades mariñas - 2 Xullo, 2024
- Campo de Nabos Fest: a ausencia feminina sobre os escenarios galegos - 28 Xuño, 2024
- O TerraCeo volve á terraza co concerto de Rebeliom do Inframundo - 20 Xuño, 2024
- Unha gran batea flotante invade a Porta do Sol ata xullo - 13 Xuño, 2024