CAMELIAS MASCOTAS

Tres feiras ao aire libre, Dani Rovira e Ángel Stánich esta fin de semana en Vigo

Esta fin de semana despedimos maio e saudamos a xuño con tres feiras ao aire libre, dous monólogos e uns tantos concertos. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

BANDA Á FEIRA – De venres a domingo no Calvario – De balde

Evento dedicado ao mundo do cómic que organiza a Asociación de Veciños do Calvario. Nesta edición poderase gozar de tres días cheos de actividades, charlas, sesións de firmas, encontros e moita paixón pola banda deseñada. Ten lugar en distintos espazos ao aire libre para achegar a cultura ao gran público.

MASTERCLASS DE ESTELA DE CASTRO – Venres de 17:00 a 21:00 na azotea do Centro Comercial A Laxe – De balde

Dentro das xornadas de fotografía Objetivo A Laxe, a retratista Estela de Castro ofrece unha clase gratuíta titulada Sobre el retrato, orientada a persoas de calquera nivel. A fotógrafa e activista madrileña é coñecida polos seus potentes retratos, tanto de persoas como de animais, sendo especialmente famosos os da Casa Real Española. 

MONÓLOGO DE DANI ROVIRA – Venres ás 20:00, sábado e domingo ás 18:30 no Teatro García Barbón – Desde 19,00 €

O cómico chega a Vigo con Vale la pena, un espectáculo unipersoal no que conceptos como a tristeza, o dó, a pena, poñeranse encima da mesa para, lonxe de estigmatizarlos, facer o intento de dignificalos e darlles a importancia que teñen nas nosas vidas.

Ángel Stanich no Festival Terraceo en 2022 | Foto: Pablo Vázquez

CONCERTO DE ÁNGEL STÁNICH – Venres ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – Desde 22,00 €

O cantautor español de rock alternativo e voz rasgada tiña previsto actuar na terraza do Auditorio no seo do Festival Terraceo, dado os problemas que atravesa o festival, o concerto trasládase ao hall do Auditorio.

CONCERTO DE NADIE GONZÁLEZ – Venres ás 21:00 na Sala Doppler – Desde 7,00 €

A rapera, nacida en Vigo, presentará o seu primeiro EP en solitario Noctiluca Scintillans en compañía de varios artistas convidados sorpresas.

MONÓLOGO DE DAVID SUÁREZ – Venres ás 21:30 no Palacio de la Oliva – 20,00 €

O humor máis corrosivo do cómico David Suárez chega a Vigo da man do ciclo Monólogos Mahou Sen Filtrar. Recoñecido actor e guionista, David Suárez cultivou éxitos coas súas xiras nacionais e os seus contidos para internet, como a galardoada webserie Vincent Finch: diario de un ego.

FEIRÓNS DE ARTESANÍA SALVAMONTES – Sábado de 11:00 a 20:00 no C.S As Pedriñas (Mos) – De balde

Xornada lúdica e reivindicativa gratuita de música, xantar popular e preto de cincuenta postos de artesanía. Concertos de Catuxa Salom, As darbukas Dkolá, Raposa e Aldaolado. A proposta parte do movemento Saltamontes, quere poñer en valor a importancia dos nosos montes entre a cidadanía.

VERBENA MARKET – Sábado de 12:00 a 20:00 na Praza do Abanico – De balde

Evento que quere revitalizar o barrio con mercado, comida, contacontos de Brais das Hortas e concerto de Ari Magritte e DJ. Trátase dunha edición especial porque a Asociación do Casco Vello Alto celebra o seu décimo aniversarioNesta reportaxe falamos da revitalización do barrio na última década. Como novidade desta edición, cinco negocios culturais da zona farán portas abertas para convidar á xente a coñecer o seu traballo: Blautropias, Rabuda Cerámica, Magia en la Manga, Las Flores de Greta e Évame Oroza.

ORQUESTRA VIGO 430 CON JONIAN ILIAS KADESHA – Domingo ás 19:00 na Sede do Celta – 15,00 €

REVISTA NOVEMBRO

Concerto no que se interpretarán pezas de Vivaldi, Mendelssohn, Mozart e Haydn con Jonian Ilias Kadesha como solista e director da Orquestra Vigo 430.

CONCERTO DE THE SON OF WOOD – Domingo ás 20:00 na Sala Rebullón – Desde 5,00 €

The Son of Wood é un grupo afincado en Salamanca, cun estilo caracterizado pola fusión de folk, rock e rap chegan á sala de Mos grazas ao circuito Girando por Salas.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.