CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Travis Birds, teatro e mercados para gozar da ponte de Entroido en Vigo

Fin de semana (ponte para os máis afortunados) de Entroido en Vigo que, lamentablemente, parece que estará pasada por auga. Con todo, temos outras moitas proposta baixo teito: teatro, concertos, monólogos, festas… Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Arantxa Treus e Jazmín Abuín

ENTROIDO – Toda a fin de semana en varias ubicacións – De balde

Esta fin de semana celébrase o Entroido en toda Galicia con multitude de actividades tanto públicas como privadas. Algunhas das principais, como o desfile, os concertos ou o enterro da sardiña, están en dúbida por causa do mal tempo.

CONCERTO SERPE + MAU JESUS – Venres ás 21:30 en El Contrabajo – 8,00€

O grupo de rock Serpe e o trío stoner Mau Jesus comparten escenario por segunda vez en El Contrabajo despois de coincidir na Cabaña de Tomiño o pasado mes de outubro. Serpe e Mau Jesus están a comezar a abrir o seu camiño na escena musical galaico portuguesa, dúas bandas que chegan pisando forte e que poñerán de manifesto o seu potencial nunha das salas máis míticas da cidade olívica.

MERCADO RECICLADO – Sábado de 12:00 a 21:00 en Simia – De balde

Co Mercado Reciclado Felicetta Gualteri retoma ese espíritu co que comezou o seu negocio. “Nun inicio non ía ser un evento periodico, pero a xente mo pediu”, conta Gualtieri. Nesta feira mensual encontramos prendas de segunda man, xoias artesás e marcas que, como ela, practican a suprerreciclaxe textil. “Creo que os mercados son imprescindibles para as pequenas marcas e tamén un punto de encontro para non sentirnos tan soas”. Engade que as veces o importante non é vender moito na propia feira, pero si darse a coñecer. Este mes trae a edición “Amor de entroido”, ideal para celebrar nun mesmo evento o Entroido e San Valentín. Logo da edición de especial de xaneiro, volve coa arte, deseño e upcycling de cada edición como protagonistas.

PRESENTACIÓN DA REVISTA DE FEBREIRO DE A MOVIDA – Sábado ás 13:00 en Flamingos – De balde

Unha das novidades que traemos este 2024 é que cada mes organizaremos un pequeno evento de presentación da revista. O número de febreiro ‘De cretinos a reis da festa’, sobre música urbana presentarémolo o sábado día 10 ás 13:00 h na tenda de roupa Flamingos Vintage Kilo ( Doutor Cadaval, 21). No evento estará picando música Kaixo, a quen entrevistamos na sección de ‘Vigués do mes’, acompañado de Braisman, unha das novas promesas deste rexistro musical.

TEATRO ‘RUNNING’ – Sábado ás 19:00 na AVV Val do Fragoso – De balde

Neste exercicio teatral, a actriz Stephy Llaryora e o actor Sergio Macías asmen o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das súas familias e contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Un total de 20 personaxes.

MONÓLOGO SOBRIA Y SERENA – Sábado ás 20:30 e 22:30 no Sinattra Club – 10,00€

Espectáculo de comedia coas humoristas viguesas Arantxa Treus e Jazmín Abuín. Haberá dous pases: 20:30 e 22:30. Farán un percorrido da súa vida e a súa visión do mundo, e, sobre todo, a rir. A rir moito. Para iso, inspiráronse nas mellores parellas cómicas da historia, como Rajoy e a dicción, Paquirrín e o SEPE ou Shakira e Facenda.

CONCERTO TRAVIS BIRDS – Sábado ás 22:00 en La Fábrica de Chocolate – Desde 13,00€

No ano 2010, á idade de 19 anos, no medio dunha crise existencial, nace Travis Birds. Coa axuda dunha vella guitarra que atopou por casa, aprende a tocar e a compoñer as súas propias cancións que só escoitaba a súa irmá xemelga. Xa desde moi novo presentaba os seus escritos a concursos literarios e en moitos conseguiu o primeiro premio. Estudou deseño gráfico e grazas a iso puido custearse os estudos de música.1​ En 2012 enfróntase por primeira vez ante un auditorio e en 2016 conseguiu publicar o seu primeiro disco, Año X, grazas a un crowdfunding. A súa participación nun disco homenaxe a Joaquín Sabina supúxolle alcanzar un gran notoriedade.

VIGOCULTURA: ‘MAMUT’ – Domingo ás 18:00 no Auditorio Municipal – 5,00€

Tres personaxes homínidos distintos refúxianse da ameaza dos lobos xunto aos restos óseos dun mamut. E na súa loita pola supervivencia deciden entenderse, cooperar e crear xuntos a pesar das súas diferenzas. O mamut e os seus ósos convértense en utensilio e ferramenta para a creatividade. Desta maneira, o descubrimento da ficción convértese no achado máis poderoso porque abre a porta a outras realidades e posibilidades. Así, cada invención ou novo descubrimento é como un nó novo co que se vai atando a nosaexistencia

DESHUMANIZAÇÃO – Domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 10,00€

CAMELIAS NADAL

Versión escénica da novela “Desumanização”, do recoñecido escritor portugués Valter Hugo Mãe, premio literario José Saramago, nunha dramaturxia de José Pedro Pereira, dirixida e posta en escena por José Leitão, fundador e director da compañía. Esta é unha historia de perda, loito e superación que nos fai cuestionar os límites (ou a súa transgresión) da humanidade.

X ANIVERSARIO OVERDOSE CLUB – Luns ás 21:30 e 00:30 na Sala Master e Molotov – 13,00€

O X aniversario destas festas ideadas por Kaixo e o colectivo Banana Bahía Music celébrase cun concerto de El Bugg, El Osito Wito e artistas locais na Sala Masterclub ás 21:30 e coa afterpary en Molotov a partir das 00:30, coa picada de Kaixo e Yung Voidy & La Podrida.