Toda a programación do Vigo Arrólate para gozar coas crianzas
Vigo Arrólate, a iniciativa da Concellería de Normalización Lingüística dirixida a familias e ás crianzas, inaugura a edición de 2019 o 22 de maio cunha charla sobre a alimentación regulada, impartida por Lidia Folgar. Igualmente, dentro do programa, celébranse tamén outras actividades como coloquios, xogos, e sesións de música, entre outros.
No mes de maio, as familias que o desexen poden asistir a actividades como obradoiros sobre educación emocional en cativos e cativas, a charlas sobre a filosofía Montessori ou unha clase sobre arrolos.
Pola súa banda, no mes de xuño, son protagonistas dentro da iniciativa de Vigo Arrólate a intelixencia emocional nos nenos e nenas, alimentación saudable, a autoestima e contacontos, entre outros.
A continuación, toda a programacon en detalle co data, hora e lugar de cada un dos eventos.