Dez plans para esta fin de semana en Vigo
Non queda nada para comezar a fin de semana, neste artigo propoñemos dez plans para facer en Vigo do 17 ao 19 de marzo. Música, teatro e mercados entre outras cousas. Pero hai moitísima máis actividade, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida!
Presentación do vinilo do documental ‘Negro Púrpura’ – Venres ás 20:00h
Negro Púrpura é un longa documental dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva que retrata a Galiza do s. XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Paulo Pascual, para acompañar a singular historia deste fungo, desenvolveu unha banda sonora con sons experimentais, electrónicos e psicodélicos grazas ao emprego exclusivo do theremin, un dos primeiros instrumentos do ámbito da música electrónica. Todos eles atópanse recollidos nun vinilo que se presentará no Café Uf (Rúa do Pracer, 19). A entrada para acudir ao concerto custa 10,00€.
Somos Criminais 3 – Venres ás 20:30h, sábado ás 18:00 e ás 20:30h
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán saen de novo de xira con Somos Criminais 3. Logo do éxito da xira de presentación que tivo lugar entre finais de 2021 e principios de 2022, os dous cómicos arrincan agora unha nova volta polos teatros de Galicia, pasando polo Teatro Afundación de Vigo. As entradas están dispoñibles en Ataquilla a partir dos 12,00€
Charla con Carlos Tomico sobre moda na era do swing – Venres ás 21:30h
Carlos Tomico ademais de bailarín e mago, ten unha marca de roupa vintage de cabaleiro (Professor Cumberland). Esta fin de semana impartirá unha charla gratuíta na Casa de Arriba que terá como tema central a moda daquela época e como lle afecta na actualidade ás persoas interesadas no universo do swing e o lindy hop.
V Mercado Reciclado – Sábado de 12:00h a 21:00h
Regresa o Mercado Reciclado a Simia Coworking na súa V Edición. Un proxecto cargado de arte, cultura e conciencia con dúas plantas cheas de variedade, obras de autoxestión, reciclaxe, segunda man… Non faltará comida nin música! A entrada é gratuíta.
[ACTUALIZACIÓN: Evento cancelado pola inestabilidade metereolóxica] Picnic Sesións- Sábado ás 16:00h
A Asociación Cultural sen ánimo de lucro Lideiras organiza as Picnic Sesións, unha serie de eventos gratuítos que mesturan ocio, cultura e moita música. Desta vez contarán co faladoiro ‘Ninguén fala da acacia’, un obradoiro para nenos e como broche final a actuación musical do grupo O Cadelo Lunático.
De Simba a Kiara. Tributo musical do Rey León – Venres, sábado e domingo
O Centro Comercial Gran Vía bríndanos a oportunidade de visitar a sabana africana durante esta fin de semana. Unha experiencia familiar e gratuíta inspirada na tradicional historia de El Rey León que inclúe música, photocall e xogos. O show dura 90 minutos e terá dous pases durante a tarde do sábado, o primeiro ás 17:00h e o segundo ás 18:45h.
A cazola de Lola – Sábado e Domingo ás 18:00h
A Sala Ártika acolle unha obra de teatro para os máis pequenos. Tanxarina preséntanos a historia de Lola e a súa cazola. Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caeulle un día enriba… Non se sabe moi ben por que. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo como os demais. A entrada ten un precio de 8,00 €.
Concerto de Habelas Hailas – Sábado ás 20:30h
Para celebrar o Día Internacional da Muller o Consello Municipal da Muller organiza unha serie de actos baixo o lema “Nin un paso atrás nos nosos dereitos”. Esta fin de semana o MARCO contará coa actuación musical do grupo ‘Habelas Hainas’ ás 20:00 h, con entrada gratuíta.
Aldaolado presenta o seu novo espectáculo ‘Sobre Sorpresa’ – Sábado ás 22:00h
Aldaolado é un proxecto artístico creado por Lucía Aldao e María Lado orientado cara á poesía escénica co que conseguiron facer do recital un acto emocionante, próximo e divertido. Agora o dúo fai 18 anos sobre os escenarios e celébrano editando Forestal, o seu segundo disco con banda e estreando na Sala Kominsky o seu novo espectáculo: Sobre Sorpresa.
Concerto de Camellos – Sábado ás 21h
Molotov continúa animando as nosas fins de semana. Neste caso, a sala acolle ao grupo Camellos o sábado pola noite. Unha das bandas máis frescas, frontais e eléctricas da nova música estatal de guitarras; cun directo que invita a corear os seus estribillos ata quedar sen alento. Entradas desde 11,00 €.