Skip to content
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
  • Faite Amovidalover
  • Faite Amovidalover
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • Entroido
      • Nadal en Vigo
      • A Reconquista
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
CARBALLEIRA
  • Amovigo

Dez plans para esta fin de semana en Vigo

Publicado o 15 Xuño, 2023 por Redacción

Decálogo de plans en Vigo, entre o venres 16 e o domingo 18, para todos os gustos. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Bloomsday – Venres ás 11h no MARCO – De balde

Evento anual que se celebra como homenaxe á figura de Leopold Bloom, personaxe principal da novela de Ulises, de James Joyce. As celebracións inclúen unha charla (11:30h no MARCO) de María Alonso Seisdedos, representante do equipo responsable da tradución do Ulises ao galego, seguida dunha lectura pública de fragmentos da novela.

RDP AsTour – Venres ás 19h en Molotov – Desde 5 €

Un show de hip-hop, rap, drill, trap, e demais subxéneros que contará con RDP e artistas convidados como DJ Mid. a festa inclúe afterparty coa súa DJ residente.

Wöyza & The Galician Messengers – Venres ás 19:30h no Vixiador – De balde

A rapeira viguesa Wöyza e a súa banda presentarán o seu primeiro traballo discográfico na cantina do parque forestal do Vixiador, nun showcase gratuíto.

Cintaadhesiva + Vila Nazca – Venres ás 21:30h na Sala Kominsky – 7 €

Cintaadhesiva, o dúo de spoken word e música elctrónica comandado por Silvia Penas compartirá recital con Vila Nazca, proxecto lo-fi portugués que reúne a Filipe Miranda e Lisete Santos.

Pedalada con orgullo – Sábado ás 11:30h no Paseo de Alfonso XII – De balde

Bicicletada por diferentes puntos da urbe olívica para conmemorar o Orgullo, que rematará ás 12:30 cun vermú transmarikabibollo no Paseo de Alfonso. É unha das actividades organizadas por Asociación Nós Mesmas e Avante Galicia para visibilizar o mes do Orgullo LGTB+. Podes ver o programa completo quí.

Supernatural Day Fest – Sábado de 12 a 24h no CC A Laxe – Desde 12 €

O grupo de DJ composto por Frida Kalvo e Tropical Boy organizan toda unha xornada de música na terraza do Centro Comercial A Laxe. Contarán ademais con exposicións, performances e espazo infantil.

Picnic Sesions – Sábado de 13 a 20h en Saiáns – De balde

O sábado volve a Saiáns Picnis Sesións. Unha xornada ao aire libre e de balde con obradoiros para toda a familia e concertos de Other Game , Trol e Frank Drebin. Todo o recadado vai para financiar o festival que celebran en setembro.

Orgasmos, la comedia – Sábado ás 21h no Teatro Afundación – Desde 12 €

comedia que trata as diferenzas entre homes e mulleres e a convivencia en parella. Remóntase desde Adán e Eva ata a actualidade. Un auténtico manual de autoaxuda para enfrontarse aos retos de vivir en parella, que non son poucos.

Monólogo de el Nene – Sábado ás 22h en Cañaveral – Desde 10 €

Desde o humor máis negro ata o humor observacional máis costumista, Nene mestura a interacción co público con temas controvertidos nun monólogo cafre e irreverente.

Sekadra – Domingo ás 13h no chiringuito Deilán Praia – De balde

SeKadra son un dúo galego-brasileiro que mestura tradición galega con sons da música escandinava, jazz, flamenca e brasileira, así como sutís achegamentos á electrónica.

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. Dez plans para esta fin de semana chuviosa en Vigo
  2. Dez plans para esta fin de semana en Vigo
  3. Os dez mellores plans para esta fin de semana en Vigo
  4. Dez plans para desfrutar esta fin de semana en Vigo
a laxe AFundación axenda bloomsday Cañaveral chiringuito Churruca Cintaadhesiva Concerto deilán praia el nene eventos fin de semana humor infantil lgbt+ monólogo Museo Marco Música orgasmos orgullo Picnic sesions plans rdp astour Sala Kominsky sekadra Supernatural teatro Vigo vila nazca wöyza xuño

Hoxe móvese

agosto

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

30xul(xul 30)19:0016ago(ago 16)23:59The Champions Burger Smash EditionGASTRO | De balde 19:00 (30) - (agosto 16) 23:59(GMT+02:00) CC Vialia

PontevedraPraza de España, 36900 Marín, Pontevedra

07ago(ago 7)18:0017(ago 17)22:00Festas da Peregrina en PontevedraAS NOSAS FESTAS | De balde18:00 (7) - 22:00 (17)(GMT+02:00) Pontevedra

Apo'strophe Sala de ArtePraza Francisco Fernández del Riego, 0, 36203 Vigo, Pontevedra

07ago(ago 7)18:0011set(set 11)21:00Dezaoito artistas para descubrir as outras caras do BrasilARTE E MUSEOS | De balde (agosto 7) 18:00 - (setembro 11) 21:00(GMT+02:00) Apo'strophe Sala de Arte

Vigo36201 Vigo, Pontevedra

07ago(ago 7)20:0014(ago 14)23:00Concurso Internacional de Piano Cidade de VigoFESTIVAIS E FEIRAS | -20:00 (7) - 23:00 (14)(GMT+02:00) Vigo

TODOS OS EVENTOS
TODAS AS EXPOSICIÓNS

Axenda pequerrechos

agosto

Fortaleza O CastroPaseo Rosalía de Castro, 5, 36203 Vigo, Pontevedra

16ago11:0012:30En busca dos edificios perdidosPEQUERRECHOS | De balde 11:00 - 12:30(GMT+02:00) Fortaleza O Castro

Fortaleza O CastroPaseo Rosalía de Castro, 5, 36203 Vigo, Pontevedra

23ago11:0012:30En busca dos edificios perdidosPEQUERRECHOS | De balde 11:00 - 12:30(GMT+02:00) Fortaleza O Castro

Fortaleza O CastroPaseo Rosalía de Castro, 5, 36203 Vigo, Pontevedra

30ago11:0012:30En busca dos edificios perdidosPEQUERRECHOS | De balde 11:00 - 12:30(GMT+02:00) Fortaleza O Castro

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
X