REVISTA ABRIL

Camellos

18mar21:00CamellosCONCERTOS | Desde 11,00€21:00(GMT+01:00) Sala Doppler

Detalles do eventos

ACTUALIZACIÓN: O concerto pasa a celebrarse na Sala Doppler á mesma hora. As entradas serán válidas nesta nova ubicación.

Camellos convertéronse nunha das bandas máis frescas, frontais e eléctricas da nova música estatal de guitarras. O seu terceiro disco “Manual de estilo” impón un novo arco sonoro para unha banda en absoluto estado de graza, deixando chiscadelas e tics que poden lembrar a The Clash o Enemigos e tamén a Strokes o Idles. O cuarteto de “Embajadores” presentará en Bilbao, Altafulla (Tarragona), Valladolid, Vigo, Málaga e de novo en Madrid un disco que non é só a súa consagración senón un manifesto absolutamente necesario.
Enfocados na actualidade e na máis crúa realidade, Camellos son un reflexo das nosas vidas cotiás. Cronistas e narradores dos tempos que corren, que co seu estilo punk-pop gañaron unha base de seguidores famentos da enerxía e o desenfreo que eles saben ofrecer.

Prohibida a entrada a menores de idade, unha vez vendidas as entradas anticipadas, non haberá na taquilla.

O sábado 18 ás 21:00 horas en Sala Molotov. Podes adquirir as entradas premendo aquí, desde 12,00€.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Doppler

Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events