CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Presentación do vinilo do documental de 'Negro Púrpura'

17mar20:00Presentación do vinilo do documental de 'Negro Púrpura'CONCERTOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Café Uf

Detalles do eventos

Illa Bufarda lanza neste mes de marzo unha edición limitada dun vinilo no que se recolle a innovadora banda sonora do seu documental Negro Púrpura. O vigués Paulo Pascual Castro é o autor da música desta película que, estreada en 2021, percorre a Galiza do século XX a través do Claviceps purpurea, fungo alucinóxeno que agroma nos cereais coñecido con múltiples nomes: dentón, caruncho, cornecelo ou cornello, entre outros. Paulo Pascual, para acompañar a singular historia deste fungo, desenvolveu unha banda sonora co theremin como instrumento protagonista. Para compoñer a música de Negro Púrpura, o seu autor apostou polos sons experimentais, electrónicos e psicodélicos grazas ao emprego exclusivo do theremin, un dos primeiros instrumentos do ámbito da música electrónica. Grazas a esta decidida aposta de Paulo Pascual Castro, Negro Púrpura convértese na primeira produción cinematográfica do Estado cuxa banda sonora está composta integramente con theremin. Illa Bufarda e Paulo Pascual realizarán unha presentación en Vigo este venres 17 de marzo ás 20.00 horas a cita no Café UF (Rúa do Pracer, 19) cunha entrada de 10 €.

‘Negro Púrpura’
Negro Púrpura é un longa documental dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva que retrata a Galiza do s. XX a través do xa amentado Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, até o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante. A dirección de fotografía da fita corre a cargo de Pila Abades, mentres que a postprodución de son é do deseñador sonoro Marco Maril, máis coñecido polo seu proxecto musical Apenino.

Máis

Hora

17 marzo, 2023 20:00(GMT+02:00)

Localización

Café Uf

Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events