VIALIA
bannerPicnicSesions

Aldaolado 'Sobre sorpresa'

18mar22:00Aldaolado 'Sobre sorpresa'CONCERTOS | -22:00(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, poetas galegas de consolidada carreira que, en 2005, decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta proposta singular. Aldaolado é un proxecto artístico orientado cara á poesía escénica co que conseguiron facer do recital un acto emocionante, próximo e divertido. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon unha ducia de espectáculos nos que tratan temas do máis diverso, dende o amor romántico ata a igualdade de xénero, pasando por clásicos como a situación do galego.

Agora o dúo cumple 18 anos sobre os escenarios e celébrano editando Forestal, o seu segundo disco con banda e estreando, na Sala Kominsky de Vigo, o seu novo espectáculo: Sobre Sorpresa.

Sábado 18 ás 22h na Sala Kominsky.

Ao acabar o espectáculo a festa continúa coa Rub a Dub Corner.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events