CAMELIAS MASCOTAS

Lagareta by Aurora, un espazo de sabor

Lagareta by Aurora é un espazo gastronómico versátil e diferente, un concepto único na cidade de Vigo que sorprende pola súa espectacular localización, con amplos xardíns, terrazas, vistas á ría e piscina privada. Todo isto cunha cociña á altura, aberta desde a mañá á noite, e a poucos minutos da praia.

A pandemia trouxo para moitos negocios a obriga de reinventarse e os donos de Aurora, un recinto dedicado a vodas e comuñóns, decidiron converter o seu amplo e idílico espazo nun concepto máis actual, do que poder desfrutar en grupos máis pequenos e a calquera altura do ano. Naceu así en 2021 Lagareta by Aurora, un restaurante e cafetería con cociña aberta durante todo o día, que destaca polo seu inmenso xardín con piscina e vistas ás Cíes.

A súa agradable decoración e recunchos verdes fan que sexa un espazo apto para moitas ocasións: tomar vermú, uns petiscos entre amigos, pasar a tarde con nenos ou achegarse ao solpor para desfrutar con calma dun cóctel. Ademais, neste outro artigo vos falabamos das súas opcións para brunch e merenda.

Tamén é recomendable lanzarse a probar os pratos máis elaborados da carta, nunha cea informal ou unha ocasión especial. O arroz con peixe sapo e langostino, o polbo e as hamburguesas son algunhas das recomendacións dentro da súa ecléctica carta; así como as recentes incorporacións de gastronomía asiática, como as gyozas ou os roliños primavera. As opcións son moi amplas, e sempre adaptables ás esixencias de celíacos, vexetarianos ou veganos.

REVISTA NOVEMBRO

Aquí a comida é moi importante, pero o principal atractivo é a súa localización afastada do ruido da cidade con magníficas vistas vistas ao océano, con solpores que se poden gozar desde as tres terrazas e os xardíns. Búscase fuxir do concepto de restaurante ao uso para ser nun espazo de pracer para todos os sentidos.

Este verán o local abre a posibilidade de utilizar a piscina durante toda a tarde por un suplemento de 10€ por persoa, ou de alugala enteira para aniversarios e outros eventos, a prol dun verán moi refrescante. Para festas de aniversario, o restaurante tamén ofrece a opción de pechar un menú e reservar un dos seus espazos para continuar a festa.

Estrada de Camposancos, 347
627 48 50 78
Facebook: Lagareta
Instagram: @lagareta_by

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.