CASAACUNHA

Umami, a quintaesencia do sabor

A Taberna Umami está especializada en pratos de peixe e carne tradicionais e modernos e conta cunha apetecible carta para ceas máis lixeiras e informais, ademais de selección de viños. De cara ao Nadal ofrécenos liberdade total á hora de confeccionar o menú e a posibilidade de pechar o local só para o noso grupo.

O termo xaponés umami refírese ao quinto sabor, que gastronomía nipoa recoñece tras os catro básicos: doce, salgado, acedo e amargo, e mesmo os pode abranguer. Falamos sensacións gustativas, intensas e profundas, pero tamén equilibradas. A este concepto débelle o nome un restaurante cuxo lema é «cociña con matices, viaxes e culturas».

Banner A Movidiña

Umami é un establecemento especializado en carnes galegas e peixes frescos que coida de xeito especial a procedencia da materia prima. Alén dos pratos principais, a oferta compleméntase cunha carta para picar, que cambia segundo a época do ano, na que atopamos opcións tradicionais: croquetas de chacina, luras, polo crocante e lagostinos empanados, polbo… A tortilla de pataca é unha especialidade da casa á que se lle dedica un día á semana. Sen descoidar o público vegano, con diferentes opcións.

De cara ao Nadal, a taberna non propón un menú pechado senón que ofrece un servizo flexible e personalizado, elaborando menús á medida con pratos dentro e fóra de carta, como os mariscos. Aquí acéptanse grupos de entre oito e 50 persoas, a máxima capacidade do local.

@umamitaberna | rúa de Salamanca, 2 | luns a domingo, das 12:30 ás 16:00 h. Para abrir en horario de cervas, cómpre unha reserva para un mínimo de 8 persoas.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.