Acrobacias e humor na segunda edición do Artiklown
A Sala Ártika organiza a segunda edición do Artiklown!, un festival de circo á escena, formado por catro representacións para público inantil e adulto ao longo de maio.
Catro compañías de teatro-circo traerán as súas propostas á Sala Ártika ao longo deste mes dentro da segunda edición do ciclo Artiklown, artellado para dar visibilidade ás novas disciplinas circenses e ás compañías que desenvolverán os seus espectáculos dentro do novo circo, o clown e o cabaret. Entre as obras que se inclúen neste festival atópase Ghop!, Home, Circ Obsolet e Só. Tres propostas galegas e unha valenciana que abranguen desde o público infantil ata o adulto. As entrads están xa á venda na web de Ártika.
Ghop! , de Teatro ao cubo. Circo, teatro, baile e monicreques coa participación do público (familiar)
Sábado 07 de maio de 2022 ás 18:00h.
Domingo 08 de maio de 2022 ás 12:00h e 18:00h.
Ghop! é un espectáculo de rúa áxil, participativo e cheo de humor. Un berro cheo de enerxía…GHOP! un berro cheo de ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.
Home, comedia deconstruida. De Antón Coucheiro (para adultos)
Venres 13 de maio ás 20:00h
Sábado 14 de maio ás 20:00h
Domingo 15 de maio ás 20:00h
Home é unha comedia deconstruída e irreverente, un espello no que o público se verá reflectido. Cun sentido do humor directo e arriscado, quere facer rir e dar que pensar, nun momento social absolutamente necesario. Un espectáculo honesto e provocador, polémico e divertido, no que o propio Antón Coucheiro se cuestiona e se burla de sí mesmo.
Circ Obsolet, circo, poesía e humor. La panda de Yolanda (+12 anos)
Venres 20 de maio ás 20:00h
Sábado 21 de maio ás 20:00h
Domingo 22 de maio ás 20:00h
Se continúas escribindo cartas, se lembras números de teléfono ou se tes cintas VHS… “Circ obsolet” encantarache porque é un circo de aquilo vello, caduco e esquecido. Como os teléfonos fixos, as bailarinas flamencas enriba da televisión, as televisións mesmas, ou as cartas postais escritas a man. Unha oda a aqueles que o arranxarán todo para que as cousas continúen funcionando, a pesar da súa inutilidade. Que gardei? Para que serven as cousas que non serven? Que valor teñen? Para que sirvo eu? E os meus recordos?
Só. De Xampatito Pato (familiar)
Sábado 28 de maio de 2022 ás 18:00h.
Domingo 29 de maio de 2022 ás 12:00h e 18:00h
Un personaxe obsesivoe meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024
- Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal - 12 Novembro, 2024
- Tea Talk, un sorbo de Asia no corazón da cidade - 7 Novembro, 2024