CAMELIAS MASCOTAS

‘Música en Salas’ programa 16 concertos na La Fábrica de Chocolate e Kominsky

O ciclo de concertos en locais Música en Salas, desenvolvido por AGADIC e Clubtura, trae 16 concertos ata final de ano á nosa cidade, concretamente ás salas La Fábrica de Chocolate e Kominsky. Os dous primeiros xa tiveron lugar a pasada fin de semana, coas actuacións de Grima e Daniel Rodríguez.

O programa Música en Salas impulsa a recuperación da escena musical galega, tan afectada pola crise pandémica, na recta final deste ano. Este proxecto nace dun convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura. Mediante esta iniciativa un total de 115 bandas e solitas galegos actuarán en 22 espazos diferentes das catro provincias. Destas 135 actuacións, 16 terán lugar en Vigo, en concreto nas salas La Fábrica de Chocolate e Kominsky. Despois de Santiago, e empatada con Coruña e Lugo, a nosa cidade será a máis beneficiada deste ciclo.

Os dos primeiros concertos nas nosas salas xa tiveron lugar este pasada fin de semana, coas actuación de Grima na Kominsky o venres 5 e Daniel Rodríguez na Fábrica o sábado 6. Entre os protagonistas atopamos varios artistas locais, como son Pálida, Iago Marta, Abraham Boba (de León Benavente), Palito, Óscar Avendaño, Los EP, Youcanthide ou Batea. A continuación, a lista completa:

  • 11/11 Pálida e Iago Marta (Kominsky)
  • 13/11 Abraham Boba (La Fábrica de Chocolate)
  • 18/11 Palito (Kominsky)
  • 19/11 Hora Lobo (La Fábrica de Chocolate)
  • 25/11 Óscar Avendaño (Kominsky)
  • 26/11 Los EP (La Fábrica de Chocolate)
  • 02/12 Bailarico Noise – Nacho Muñoz (Kominsky)
  • 03/12 Youcanthide (La Fábrica de Chocolate)
  • 03/12 Mascada (Kominsky)
  • 04/12 The Rapants (La Fábrica de Chocolate)
  • 09/12 FILO (Kominsky)
  • 10/12 Cuchillo de fuego (Kominsky)
  • 11/12 Batea (La Fábrica de Chocolate)
  • 16/12 Leira (Kominsky)
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.