As nosas recomendacións musicais de xuño e xullo
Os artistas locais, novos e coñecidos, continúan a presentar a súa música este verán. Cancións, videoclips, discos… calquera escusa é boa para repasar as últimas novidades da nosa escena.
OS VACALOURAS
A banda máis famosa de pataca n roll de Teis volve á acción despois de publicar dúas cancións o ano pasado. Neste caso fano moi ben acompañados pola lenda da música portuguesa Quim Barreiros, célebre polo seu tema ‘A Cabritinha’.
ARI MAGRITTE
Oráculo, primeiro disco de ARiMagritte lanzado o 17 de xuño, está producido por Eladio Santos e reúne os trece temas máis importantes da traxectoria de ARiMagritte desde que iniciara o seu proxecto musical en febreiro de 2013. Un proxecto que se asenta nun xogo de equilibrios e no balance entre eclecticismo e personalidade, a suavidade da voz e a forza da música, as letras íntimas e a mensaxe universal.
CARLA LOURDES
No último par de meses a cantautora Carla Lourdes lanzou dos novos sinxelos para iniciar unha nova etapa musical. Este segundo tema, ‘Si es contigo’, arrecende a verán e praia. Podes ler a entrevista que lle fixemos o mes pasado a raíz do lanzamento de ‘Sin instrucciones’.
LÍMBICO
O quinteto de folk e jazz experimental Límbico, capitaneado polo guitarrista Iago Marta, vén de publicar a finais de xuño o seu primeiro disco. Para coñecer máis sobre este interesante proxecto, aquí tes a entrevista que lle fixemos a Iago durante a exitosa campaña de crowdfunding.
PABLO LESUIT
‘Tus balas no me dan’, tema a dúo coa cantante peruana Pamela Rodríguez, é o segundo sinxelo publicado polo vigués despois do lanzamento do seu segundo álbum Belorizonte. A súa búsqueda contínua de novos sons e ritmos transfórmase aquí nun tema enérxico e bailable.
MAX & BULL
Max & Bull é unha nova banda viguesa de post rock electrónico que xa está a traballar no seu primeiro álbum. Este adianto foi gravado en directo polo alumnado do IES Audiovisual de Vigo (EAV) no hall do propio centro.
ALBERTO CUNHA
Escolma aberta consiste en dez poemas que se converten nun libro–disco que une música, poesía e pintura; unha homenaxe total á cultura galega. Dez poemas de Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro, Alfredo Conde, Manuel Curros Enriquez e Bernardino Graña Vidal, que son dez cancións anteriormente interpretadas por Luís Emilio Batallán, Suso Vaamonde, Amancio Prada, Xoán Rubia, Os Tamara, Juan Pardo e Vicente Araguas, hoxe na voz de Alberto Cunha.
WÖYZA
A artista local Wöyza volve a colaborar con rapeiro alicantino Nach, tras facelo no pasado en ‘Disparos de silencio’ e ‘Los tatuajes en mi alma’.
HIGH PAW & ELEPHANTS YARD
O grupo de músicos Elephants Yard e a cantante High Paw presentan o seu primeiro traballo longo desde o selo vigués The Dub Yard Records. Novas Herbas ven a mostrar o son que a banda desenvolveu e precisou tras moitas experiencias musicais compartidas, con referencias como Sound Dimension, Aswad ou Groundation.
DIOIVO
Dioivo é un dúo de metal procedente de Vigo, que naceu no 2016 poñendo música ao poema de Rosalía de Castro “Sempre pola morte esperas”. Agora, os vigueses atrévense cunha nova adaptación ao metal dunha obra clásica da literatura galega, Retorno a Tagen Ata de Xosé Luís Méndez Ferrín. E esta vez contan coa colaboración do propio autor, que lle puxo voz ás narracións da canción.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024