A Deputación de Pontevedra reinvindica o papel central das mulleres desde a ciencia á poesía
Coa posta en escena da acción poética “Palabras como gacelas” de Miriam Ferradáns e co obxectivo de volver poñer no centro do discurso político a desaparecida axenda feminista, a Deputación de Pontevedra presentou hoxe a súa programación para o 8 de Marzo.
Actos reivindicativos, mesas redondas, charlas, obradoiros, manifestacións artísticas e iniciativas en redes se desenvolverán durante todo o mes de marzo baixo o lema “Reivindicación da Nosa Axenda”, co que se quere reivindicar que a axenda feminista volva estar no centro da vida política, social e cultural da provincia. As múltiples actividades responden ao feito de que este ano non haberá grandes manifestacións polo que é preciso poñer as mulleres no centro da xornada mostrando o seu papel nos diferentes eidos da sociedade a través das artes.
Resumo de actividades:
8 de marzo: “CoidarMos”, de Luz Darriba (Sede da Deputación en Vigo). Un berro feminista que trata, como sinalou na súa intervención, “deses coidados que facemos as mulleres desde sempre, que non son recoñecidos nin valorados”.
“Reivindicando desde a arte”, porá o foco ao talento feminino nas artes a través das máscaras que as artistas Lara Lars, Gemma Marqués e Laura Romero deseñaron para o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.
26 de febreiro: “Reivindicando desde a política”, durante o pleno, Laura Romero lerá o manifesto do 8M e se presentará o vídeo “Coidados”, no que se chama a atención sobre a necesaria corresponsabilidade dos homes.
5 e 6 de marzo: Foro “As mulleres que opinan son perigosas”. O venres 5, coincidindo coa apertura do debate, izaranse as pancartas do 8M nas fachadas do Pazo Provincial e da sede da Deputación en Vigo e pola noite comezará o acendido dos dous edificios, que se prolongará ata o 31 de marzo. Será un encontro en liña de mulleres xornalistas.
Ciclo “Ciencia en Feminino”:
4 de marzo: Entrevista a Marisol Soengas
11 de marzo: mesa redonda sobre “Políticas de Visibilidade”, con Carmela Silva, María Jesús López Díaz e Amparo Alonso.
18 de marzo: entrevista con Zulema Altamirano
25 de marzo: mesa redonda, “Unha carreira científica en desigualdade”, con María de la Fuente, Elena Ojea e María Mayá.
“Descúbreas”, proxecto da Deputación que proporciona ás mozas da provincia as ferramentas precisas para dedicarse á música. Concerto o venres 12 na sede de Vigo.
“Revindicando a pegada das mulleres”: Todos os días, durante un ano, compartiranse nas redes sociais da Deputación historias de mulleres influíntes e relevantes da historia.
15 de marzo: “Reivindicando desde a Cultura”. dúas accións do programa “Violencia Zero”, a primeira o día 15 en Ponteareas con Twins Experimental e a segunda o 22 en Nigrán con Analía Beltrán.
16 de marzo: “Reivindicando desde o Deporte”. Presentación dun vídeo dedicado ás mulleres deportistas, reivindicativo sobre as inxustizas e desigualdades que teñen que afrontar nas súas respectivas modalidades e no que participan entre outras Judith Rodríguez, Paula Dapena, Elena Casal e Charo Castro.
17 de marzo: Cátedra Feminismo 4.0, realizado en conxunto coa UVigo, que consistirá nun encontro virtual dun comité de sabias en diferentes materias.
21 de marzo: Celebración do Día da poesía. Mulleres poetas que gravarán e interpretarán poemas de escritoras feministas.
En marzo tamén serán presentadas as bases dos premios #MulleresNoFoco, dirixido a cineastas pontevedresas con tres premios de 3000€ cada un.
Tamén foi asinado un convenio de colaboración da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela para reivindicar o papel das mulleres na historia.