REVISTA ABRIL

A adicción á tecnoloxía e o tema central da nova edición do Festival de Cine Inclusivo

A séitma edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que se celebra do 18 ao 22 deste mes, pon o foco nas adiccións ás tecnoloxías como reflicte o cartel deseñado polo artista Sr. Reny.

REVISTA ABRIL
Sr. Reny e Teresa Barberena, co-directora do festival, posan co cartel da sétima edición. | P. Vázquez

O artista do Porriño, Javier Ramírez, máis coñecido como Sr. Reny, deseñou o cartel da sétima edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que se celebrará do martes 18 ao sábado 22 deste mes. Tal e como representa o cartel, este ano o festival pon o foco na adicción ás tecnoloxías, unha patoloxía que cada vez sofren máis persoas.

Sr. Reny explica que na súa obra quixo empregar un produto cotián e recoñecible como a trampa de ratos, que ten unha serie de connotacións. “Un apetitoso anaco de queixo en forma de notificación e a adicción como trampa resume perfectamente o que se pretendía relatar”, sinala o artista. Sr. Reny súmase a nómina de artistas locais que deseñaron o cartel do festival. Abi Castillo e Lula Goce realizaron as propostas das pasadas edicións porque o obxectivo da organización é involucrar outras doutrinas artísticas no festival e dar a coñecer o talento local.

A sección dedicada a escolas do festival trata tamén esta temática. O mércores 19, alumnos da área de Vigo participarán nesta actividade que terá lugar no Auditorio do Concello e arrancará ás 11 da mañá coa proxección do filme Her de Spike Jonze. A continuación a pedagoga María Novelle e Laura Durán, psicóloga da asociación Érguete en adiccións ás pantallas, estarán comentando cos estudantes o filme e falarán do traballo que desde a asociación fan con persoas que sofren calquera tipo de adicción, incluída a tecnolóxica. Desde Érguete sinalan que desde a pandemia a asociación atende o dobre de menores para previr adiccións ás pantallas: “trátase dunha adicción silenciosa que cada vez está máis presentes na nosa sociedade”, e engaden que “esta adicción provoca o descoido ou abandono de intereses e relacións sociais, o descontrol progresivo da condutas, malestar, ansiedade e irritabilidade”.