O acendido das luces de Nadal será o xoves 3 a porta pechada
Esta mañá o Alcalde de Vigo Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que o famoso acendido das luces de Nadal será o xoves 3 de decembro ás 20:00. Será presencial no gran árbol situado en Policarpo Sanz pero, por suposto, non poderá haber as aglomeracións que xa eran tradición nos anos anteriores.
Finalmente o encendido das luces de Nadal máis famoso do Estado terá lugar o xoves día 3 de decembro ás 20:00. Será na gran árbore de Nadal, que este ano está situado na rúa Policarpo Sanz, fronte ao Teatro Afundación, debido ás obras que están tendo lugar na Porta do Sol.
Aínda que non avanzou moitos máis datos, o alcalde Abel Caballero indicou que será “con seguridade anti-covid, sen ningunha aglomeración”. É dicir, que o evento non será de “apertura libre e xeneralizada” como outros anos, que supoñía un dos grandes eventos do Nadal.
As únicas persoas presentes serán representantes de asociacións veciñais e culturais, cun número moi límitado de asistentes. Todos eles sentados en cadeiras e respectando a distancia de seguridade, polo que haberá un control absoluto do aforo en todo momento. Para a semana que vén o Alcalde prometeu dar máis información sobre este acto que, o ano pasado, tivo lugar a mediados de novembro.
Lembremos tamén que o día 4 de decembro, salvo que o Goberno autonómico decida prolongar a medida, está previsto que a hostalería poida abrir as súas portas, o que suporía unha gran nova para un sector que non acababa de estar moi de acordo coa normativa.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024