Churruca tamén vive de día, ese é o eslogan que esgrimen dende a organización de Bazares nos Bares que este sábado celebra unha nova edición. O festival que converte durante un día os locais da zona nun auténtico bazar, quere ser un punto de encontro entre artesáns, artistas e público.
-
-
Imaxe da edición pasada. | Bazares nos Bares
-
-
Imaxe da edición pasada. | Bazares nos Bares
-
-
Imaxe da edición pasada. | Bazares nos Bares
-
-
Imaxe da edición pasada. | Bazares nos Bares
-
-
Imaxe da edición pasada. | Bazares nos Bares
A partir das doce do mediodía do sábado, tes unha cita na zona de Irmandiños e Churruca. Si, estás lendo ben, ás doce do mediodía e non da noite. Bazares nos Bares encherá de vida estas rúas de ocio nocturno durante parte da mañá e toda a tarde do sábado. Nesta ocasión once locais da zona súmanse á iniciativa, neles atoparás ilustración, escultura, pintura, cerámica, coiro, xoiería, traballos en madeira, roupa, moda vintage, complementos, xardinería, decoración, cómics, libros, vinilos, cosmética natural, produtos ecolóxicos…
Ademais de ter a oportunidade de achegarte ao traballo que realizan estes artistas locais tamén poderás participar en obradoiros para pór a funcionar a túa propia imaxinación. Poderás crear e levarte a casa a túa lámina ‘Banksy’, participar nun obradoiro de papiroflexia, deixar que te adornen o corpo cunha tatuaxe temporal e pintacaras para nenos ou asistir ás 13:00 horas á intervención artística de Hey Juddy.
Tamén haberá comida, e só por achegarte poderás participar nun particular bingo e volver a casa cargadiño cunha cesta de agasallos. Deixámosche unha pequena guía para que saques o maior partido o teu día no gran bazar vigués.
Reserva Rock
Korova
- Dirección: Rúa Cervantes, 18
- Postos: Second Hand y Artesanía Gato Rabudo, Bazart, Peixe Nero, Manualidades jenika e Lale/Bangus/ Mamaie.
- Comida: Garabanzos vexetais, fajitas e de sobremesa natillas caseiras.
|
Tinta negra
- Dirección: Rúa dos Irmandiños
- Postos: Discos a GoGo, Le Chanelas, , Abetta Tablas, Nigure, Editorial Elvira, Mario Lopez (joyería de autor) y Leandro Barea deseño e ilustración.
- Obradoiro: Nair Bodyart pintacaras para nenos e tatuaxes temporais. Todo o día.
|
Sala Magnética
- Dirección: Rúa dos Irmandiños, 3
- Postos: I3R artefuncional, María Seo, Madarov, Sergio Covelo/Flavia Lago/Minijardines.
|
Cantina Candela
- Dirección: Rúa Martín Códax, 12
- Postos: Papik, Lar e maña, Sofía Vázquez Sánchez, Paula Costas e Mardava.
- Comida: Callos, pulgas, xamón asado e empanadillas caseiras.
|
El Velero
Brewing Records
Apiramoria
- Dirección: Rúa Martín Códax, 3
- Postos: Aaroni Moucho, ONi, Amalgama y Detalles Maniotas.
|
Batallón Baiuca
La Casa de Arriba
Bizarre