GALAXIA

Bazares nos bares enche de vida diurna a zona de marcha nocturna

Churruca tamén vive de día, ese é o eslogan que esgrimen dende a organización de Bazares nos Bares que este sábado celebra unha nova edición. O festival que converte durante un día os locais da zona nun auténtico bazar, quere ser un punto de encontro entre artesáns, artistas e público.

A partir das doce do mediodía do sábado, tes unha cita na zona de Irmandiños e Churruca. Si, estás lendo ben, ás doce do mediodía e non da noite. Bazares nos Bares encherá de vida estas rúas de ocio nocturno durante parte da mañá e toda a tarde do sábado. Nesta ocasión once locais da zona súmanse á iniciativa, neles atoparás ilustración, escultura, pintura, cerámica, coiro, xoiería, traballos en madeira, roupa, moda vintage, complementos, xardinería, decoración, cómics, libros, vinilos, cosmética natural, produtos ecolóxicos…

Ademais de ter a oportunidade de achegarte ao traballo que realizan estes artistas locais tamén poderás participar en obradoiros para pór a funcionar a túa propia imaxinación. Poderás crear e levarte a casa a túa lámina ‘Banksy’, participar nun obradoiro de papiroflexia, deixar que te adornen o corpo cunha tatuaxe temporal e pintacaras para nenos ou asistir ás 13:00 horas á intervención artística de Hey Juddy.

Tamén haberá comida, e só por achegarte poderás participar nun particular bingo e volver a casa cargadiño cunha cesta de agasallos. Deixámosche unha pequena guía para que saques o maior partido o teu día no gran bazar vigués.

Reserva Rock

Korova

  • Dirección: Rúa Cervantes, 18
  • Postos: Second Hand y Artesanía Gato Rabudo, Bazart, Peixe NeroManualidades jenika e Lale/Bangus/ Mamaie.
  • Comida: Garabanzos vexetais, fajitas e de sobremesa natillas caseiras.

Tinta negra

  • Dirección: Rúa dos Irmandiños
  • Postos: Discos a GoGo, Le Chanelas, , Abetta Tablas, Nigure, Editorial Elvira, Mario Lopez (joyería de autor) y Leandro Barea deseño e ilustración. 
  • Obradoiro: Nair Bodyart pintacaras para nenos e tatuaxes temporais. Todo o día.

Sala Magnética

  • Dirección: Rúa dos Irmandiños, 3
  • Postos: I3R artefuncional, María Seo, Madarov, Sergio Covelo/Flavia Lago/Minijardines.

Cantina Candela

  • Dirección: Rúa Martín Códax, 12
  • Postos: Papik, Lar e maña, Sofía Vázquez Sánchez, Paula Costas e Mardava.
  • Comida: Callos, pulgas, xamón asado e empanadillas caseiras.

El Velero

Brewing Records

Apiramoria

  • Dirección: Rúa Martín Códax, 3
  • Postos: Aaroni Moucho, ONi, Amalgama y Detalles Maniotas.

Batallón Baiuca

La Casa de Arriba

Bizarre

(GMT+01:00) Churruca

REVISTA MAIO