VEGANA

Nova edición de Bazares nos Bares o 3 de marzo

O festival Bazares nos Bares xa ten data de regreso as rúas de Churruca. Será o vindeiro 3 de marzo, sábado. Artistas, artesáns e emprendedores locais converterán diferentes pubs da zona de Churruca nun bazar ao estilo persa. Haberá comida, bebida, boa música, artesanía, arte, vinilos, roupa, produtos ecolóxicos, talleres para os pequenos e moito máis.

Segundo nos contan os seus organizadores: “Bazares nos Bares nace fai un ano como un proxecto no que artistas e comerciantes da zona poden amosar o seu traballo nun ambiente lúdico e distendido. Os locais de churruca, os nosos pequenos bazares, fan de perfectos anfitrións amosando unha nova cara desta zona, sempre vencellada ao lecer nocturno, e na que durante Bazares, toda a familia poda pasar un rato agradable con pinchos, obradoiros para os máis pequenos…”

Na derradeira edición, que tivo lugar o pasado mes de decembro, participaron 16 locais da contorna e desenvolvéronse actividades de contacontos, obradoiros téxtiles, arte na rúa, música… a boa resposta que a iniciativa está a ter por parte do público fai que o evento se teña convertido nunha cita trimestral.

REVISTA OUTUBRO

Todos os artesáns e comerciantes que teñan a ben participar xa poden enviar un email coa súa solicitude a: bazaresnosbares@gmail.com