Xa é posible percorrer o Camiño de Santiago sen moverse da casa
‘Hasta la vista’ é unha plataforma dixital a través da que nos podemos achegar aos nove camiños de Santiago a través da experiencia dos propios peregrinos. Achéganos imaxes nunca vistas das diferentes rutas e permítenos vivir unha experiencia moi cercana a facer o camiño sen movernos da casa.
O proxecto, posto en marcha pola galega Alejandra Gómez, permítenos achegarnos ao Camiño de Santiago desde casa apostando polas tecnoloxías dixitais, pero sen perder a mirada humana dos auténticos protagonistas: os peregrinos. A experiencia persoal de cada un deles ten un espazo destacado na plataforma e converte a ‘Hasta la vista’ na referencia para todos aqueles interesados en vivir unha experiencia tan especial como é a de percorrer cada unho dos roteiros que desembocan na capital galega.
‘Hasta la vista’ tamén é unha serie web. Oito capítulos, dacabalo entre a ficción e o documental, conforman a primeira tempada. A través da mirada de diferentes peregrinos, tanto nacionais como internacionais, en bicicleta, por mar ou acompañados polos seus cans, coñecemos os diferentes roteiros para facer o Camiño. Todo iso en menos de dez minutos e con imaxes ata o de agora nunca vistas: desde o alto, tomadas por un dron.ebido á situación actual, os produtores decidiron sacrificar a preestrea prevista e entreternos cos capítulos desta web serie para facernos máis levadío o período de confinamento. Ata a data, publicáronse dous episodios: no primeiro, Paco percorre a Vía da Prata para terminar desvelándonos ante a Catedral o secreto que lle levou a facer esta peregrinaxe; no segundo, Paula, Faísca, Haiku e G son as encargadas de guiarnos polo Camiño de Inverno; e o terceiro, Pearl, que decide facer a Ruta do mar de Arousa e río Ulla. Como compañeiros de viaxe, os seus recordos e as súas acuarelas.
E isto é só o comezo porque os vindeiros capítulos provocaranos máis dun arrepío. Anunciarán os seguintes estreos nas súas redes.