O Festival ciCLICKa busca proxectos para o seu market
Tanto a finais de decembro como a principios de xaneiro poderemos gozar de ciCLICKa, un ambicioso e novidoso proxecto sociocultural que pretende reunir todo tipo de disciplinas artísticas e de ocio en dous espazos da cidade. E por se estás interesado en participar, as inscripcións están abertas ata o 31 de novembro.
ciCLICKa é unha iniciativa sociocultural na que reunirase a un seleccionado elenco de propostas que aposten pola diferenza e a novidade. Ao longo de tres meses, daranlle forma e cor un espazo totalmente desanxelado para convertilo nun fervedoiro cultural de primeiro nivel. Este espazo, situado na rúa Velázquez Moreno 44, baixo o Mercado do Progreso, contará con compartimentos para concertos, sesións acústicas, libraría, zona gastro, artes escénicas, mercado, decoración, cine, zona chill out, instalación artísticas…
Por se estás interesado en participar coa túa empresa, marca ou proxecto artístico, desde o 21 de outubro ata o 30 de novembro está aberto o proceso de inscrición da Zona Mercado de ciCLICKa. A través do mail ciclicka@gmail.com, poderás recibir a información do contido do evento e podedes ter acceso a un formulario que debedes devolver cuberto coa información da túa proposta.
As datas de funcionamento deste espazo estarán divididas en dúas rondas: do 19 ao 24 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Ademais do espazo de Velázquez Moreno, a menos de 100m atopámonos coa Sala Mondo, recén reformada e preparada para atraer ao público máis nocturno de cíCLICKa.
Detrás deste proxecto atópanse dúas mulleres novas con paixón pola organización de eventos culturais como son Bego Arana (La Fundición, Garajeysal, Bla Ideas…) e Marcia Vázquez (Asociación 85C e deseñadora gráfica). Ambas son as creadoras desta plataforma efémera de visibilidade e comercialización onde creadores, artesáns e artistas (tanto emerxentes como veteranos) dispoñerán dun espazo de referencia adaptado a cada un deles para conseguir chegar a un público con ganas de grandes experiencias.