VIALIA
bannerPicnicSesions

O festival ciCLICKa arrinca o vindeiro xoves cunha combinación de electrónica e grunge

CiCLICKa, o festival que vai revolucionar o Nadal vigués, inaugura programación o xoves 19 de decembro e faino cunha grande aposta pola cultura da provincia. Haberá actividades desde primeira hora da tarde ata entrada a madrugada nos dous espazos do festival: Velázquez Moreno 44 e o Mondo Club.

Imaxe promocional de Monrovia.

CiCLICKa abre as súas portas o xoves 19 e desde as 16.30 horas da tarde haberá eventos no espazo de Velázquez Moreno 44 cunha charla sobre a música electrónica que rematará coa pinchada de Dj Set Sapoconcho SemPoncho e o modulador de ondas de Paulo Pascual.

REVISTA ABRIL

Logo de rematar, a programación moverase para a Sala Mondo Club, coas actuacións de Monrovia, unha combinación de rock progresivo, metal, doom e grunge composta por un trío pontevedrés procedente de bandas como Serpiéntula, GRIMA, BALA ou Querido Extraño;eo directo de Las Cruzes, un dúo que mestura o jazz e o  funk máis enérxico e preciosista con ritmos urbanos impulsados por un bombo e unha caixa para debuxar unha paisaxe sonora actual e consciente de si mesma. A banda está composta por Óscar Vázquez ao sampler e David Soprano á batería.

Para rematar a noite, seguirán uns Dj sets nada comúns, da man de Sapoconcho SemPoncho e Aldara Garcés Ojea co apoio dun espectáculo visual a cargo de Magnétika Visuals. Todo isto organizado por Fundición en colaboración con ciCLICKa.

A poética visual forma parte do eixo central da gramática de Magnétika Visuals unha ferramenta que utiliza para plasmar, transformar, deformar e madurar universos audiovisuais propios, concibidos para ser proxectados fóra da pantalla convencional a modo de grafiti audiovisual efémero. O traballo realizado durante os últimos 9 anos levoulle a experimentar, colaborar e crear proxectos audiovisuais en Thailandia, Suíza, Viena e Austria. Actualmente o seu traballo céntrase na procura da esencia da natureza e captación de emocións a través da danza e o movemento. As entradas anticipadas desta mestura nada habitual no panorama cultural vigués pódense mercar en Woutik: https://www.woutick.es/?busqueda=Ciclicka