CAMELIAS MASCOTAS

O Vive Nigrán pecha o seu cartel e o PortAmérica desvela os horarios

PortAmérica e Vive Nigrán, dous dos festivais máis potentes da provincia, ultiman os detalles das súas próximas edicións, que terán lugar do 4 ao 6 e do 19 ao 20 de xullo, respectivamente. Os primeiros desvelaron a escaleta de concertos dos tres días e os do Val Miñor a división por días das diferentes bandas, ás que se engadiron algunhas novas.

Xa non queda nada para o verán e os festivais galegos, que podes consultar a lista dos máis salientables pinchando aquí, xa se están a preparar para o que vén. Neste caso, son dous festivais da provincia, un do norte e outro do sur: falamos de PortAmérica e Vive Nigrán.

O PortAmérica terá lugar desde o xoves 4 ata o sábado 6 de xullo, novamente, na Carballeira de Caldas de Reis. Neses tres días xuntarase artistas de distitntas épocas, países e xéneros como son Andrés Calamaro, Zahara, Rozalén, Madness, Miss Bolivia, Morgan, Depedro ou Carlos Sadness. Desde hoxe, ademais, sabemos a que hora e en que escenario tocará cada un deles, polo que xa podemos ir organizándonos con maior facilidade. Ademais dos grandes nomes, tamén podemos atopar interesantes propostas locais e da zona, como son o caso de Pablo Lesuit, Presumido, Santi Araújo e Cora Velasco.

REVISTA NOVEMBRO

Por outra banda, o Vive Nigrán, emprazado coma sempre no campo de fútbol do Monte Lourido, xunto a praia América, pecha o seu cartel para os días 19 e 20 de xullo. A organización presentou as últimas bandas que formarán parte do seu cartel: Isius, Yo Diablo, Uke & the Leeles, L’Emperador, Gain Over e os DJs Paul Church, Isaac Pedrouzo, Paula do Campo e Picnic Pop. O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición desde xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria con foodtrucks, obradoiros, presentacións de proxectos culturais, actividades marítimas…

programación musical por días quedará do seguinte xeito: o venres 19 de xullo invadirán o Escenario Mahou e o Escenario Rías Baixas o glitter pop de Hickeys, o R&B contemporáneo da novísima Adriana Proenza, a música latina e o rock de raíces de Los VinagresStanich, unha das referencias da renovación musical máis vigorosas, o caos creativo e punk de Los Nastys, o desmelene frenético e pop adulterado de Meneo e as sesións DJ de Isaac PedrouzoPaul Church e Paula do Campo.

O sábado 21 de xullo desde a mañá, os asistentes poderán gozar de xeito gratuíto da música de Uke & The Leeles, do Concerto Mahou Cinco Estrellas no que Delafé -en formato Mediodía Cañero- amosará o seu novo son máis electrónico, dos acordes enérxicos e o pop cristalino dos valencianos L’Emperador e de tres concertos a cargo de Gain Over, a escola de rock do Val Miñor. A partir de media tarde, o acceso ao recinto tornarase de pago para acoller o folk, pop acústico e rock de Isius, o ritmo mantra “tucu-chaca” e o fingerpicking salvaxe de Yo Diablo, o pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse, as revolucionarias Las Chillers, os galegos Novedades Carminha e o dúo Monterrosa, disposto convertir a pista de baile en paraíso e trincheira. O día completarano as sesións DJ de Isaac Pedrouzo e Picnic Pop.

(GMT+01:00) Parque da Carballeira (Caldas de Reis)

(GMT+01:00) Campo de fútbol Lourido, Nigrán