VIALIA
bannerPicnicSesions

Guía dos (f)estivais galegos: datas e carteis

O verán está a volta da esquina e a maioría de festivais galegos xa desvelaron os seus carteis, nos que figuran grandes nomes locais, nacionais e internacionais. A continuación tentaremos resumir a abultada oferta festivaleira galega e simplificala a través dunha infografía e dun calendario cos eventos máis relevantes.

Comezando por todo o alto, en tres semanas de diferenza terán lugar os dous festivais máis multitudinarios de Galicia, aínda que iso sexa a única cousa que teñan en común. Falamos, claro está, de O Son do Camiño (13-15/06) e do Resurrection Fest (3-6/07). O primeiro, que celebra a súa edición, volverá a encher o Monte do Gozo do mellor pop-rock-electrónica-indie internacional, mentres que o “Resu”, cuns aniños xa ás costas, seguirá a demostrar por que Viveiro é a capital nacional do metal.

Outros festivais, ademas de coidar o seu cartel, tamén buscar encher os bandullos do público coa mellor gastronomía. É o caso do PortAmérica (4-6/07), que incluso conta cun cartel paralelo cos chefs que visitarán Caldas de Reis eses tres días, como se de estrelas do rock se tratase. O Vigo SeaFest, que acontecerá nas mesmas datas que o anterior, tamén ten como prioridade ofrecer o mellor producto do mar aos seus visitantes. Por útlimo, o 17º Ribeira Sacra Fest (18-21/07) engade á ecuación da comida a bebida, concretamente o viño, tan famoso por eses lares.

Se buscas ambientes máis calmados e pasar poucos agobios, seguramente nestes festivais atopes o que buscas. O Surfing the Lérez (21-22/06), ademais de gratuíto, é un evento familiar nunha localización moi propensa para relaxarse. No Silfest (4-6/07), no Vive Nigrán (19-20/07) e no Atlantic Fest (26-28), a pesar de mover moita xente, tamén poderás pasar un rato agradable en familia con boa música de fondo. Concretamente, o Vive Nigrán aúna e fusiona desde a mañá e ata a noite, diferentes experiencias para todas as idades: praia, monte, mar, gastronomía, charlas, talleres e música, sesións Dj… O Festival Sinsal (25-28/07) tamén podería encaixar neste grupo, mais hai que sumarlle a viaxe en barco pola ría e o suspense de non saber quen vai tocar.

Nese aspecto tamén podemos destacar o Festival de la Luz (6-8/09), que ademais das compoñentes musical e familiar, ten unha solidaria. Este ano a recadación repartirase entre as asociaciones Anxiños e Asanog. O Surfing, xa mencionado, tamén realizará unha recollida solidaria de alimentos.

Máis preto de Vigo temos dous festivais de pequeno formato cunha organización e un cartel máis que notable, como é o caso do Morrasound Rock Fest (12-13/07) en Domaio e do Rock in Río Tea (19-20/07) en Ponteareas. No Morrasound, ademais, poderemos gozar entre outras cousas dunha competición speed & style de bicicletas, o que acontecerá poucas semanas despois, pero a maior escala, en O Marisquiño (9-11/08), cunha proposta musical oposta, de caracter urbano.

REVISTA ABRIL

Dentro da música reivindicativa destacan especialmente dous festis: o SonRías Baixas (1-3/08) e o Revenidas (9-11/08). Este último, converteuse nunha referencia na nosa comunidade pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. Algo similar acontece co Armadiña Rock (23-25/08), en Combarro. Quedaches con ganas de máis? Podes pasarte polo Festival de Ortigueira (11-14/07), Festival Noroeste (6-11/08), WOS Festival (11-15/09) ou o Caudal Fest (20-21/09).

AXENDA DE FESTIVAIS:

[add_eventon_el event_type_2=”16772″ ux_val=”4″ hide_month_headers=”yes” hide_mult_occur=”no” hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_count=”3″ tile_bg=”1″ tile_style=”1″ number_of_months=”12″]