Descubre o Vigo pesqueiro durante o mes de xuño
Esta semana arrancan as actividades de Vigo Pesqueiro, unha proposta de FUNDAMAR (Fundación para la pesca y marisqueo) para promover o coñecemento da nosa contorna e da actividade marítima e pesqueira pola que Vigo goza de tanto renome.
O programa está composto por catro actividades que se desenvolverán do 15 ao 28 de xuño e están dirixidas ao público familiar que queira somerxerse no pasado e presente mariñeiro da cidade. Todas as actividades requiren inscrición previa, que deberá realizarse por correo electrónico no enderezo info@vigopesqueiro.com.
Sábado 15 de xuño, ás 11:00: Percorrido polo Vigo pesqueiro e visita a un buque pesqueiro conxelador.
Un percorrido a pé polo porto durante o cal contaráselles aos asistentes a historia e importancia do Porto de Vigo. Falarase do calado das augas, da barreira natural que supoñen as Illas Cíes ou do ‘Cable inglés’, a primeira vía de comunicación entre España e as illas británicas. Para rematar o percorrido, visitarase un buque conxelador, como exemplo da ampla e moderna frota galega que faenan por todo o mundo. Esta actividade ten un prezo de 8€ para os maiores de 12 anos.
Mércores 19 de xuño, ás 9:30: Descobre Axencia Europea de Control da Pesca.
Visita á delegación da Axencia europea encargada de velar polo cumprimento da política pesqueira comunitaria para coñecer como se levan á práctica os mecanismos de control e inspección no sector pesqueiro.
Sábado 22 de xuño, ás 10:30: Descobre a traiñeira: da pesca artesanal á pesca industrial.
Que mellor xeito para coñecer as orixes da pesca que subíndose a unha das embarcacións tradicionais da vila de Bouzas, as traiñeiras da Asociación de Mariñeiros de Bouzas. Dende elas, aprenderemos sobre a evolución da pesca industrial e tamén sobre esta embarcación que hoxe en día está ligada ao ámbito deportivo.
Venres 28 de xuño, ás 11:00: Descobre Toralla, villae e illa, e visita o ECIMAT.
O entorno de Toralla é un museo ao aire libre de historia viva. A visita fará unha primeira parada na excavación da vila romana ‘Villae Toralla’, antes de cruzar a ponte para falar da historia da propia illa, pola que pasaron fenicios, factorías de metais e salazóns e, xa na actualidade, instaouse o Centro de investigación mariña da Universidade de Vigo, que poderá visitarse como broche da actividade. Os participantes deberán abonar 5€ no momento de inscribirse. Os menores de 12 anos poden asistir gratis.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024