UVIGO
FILLOAS

Comeza xuño, o mes das carreiras

Chega o verán e aínda que a calor aprete, iso non impedirá que centos de valentes saian ás rúas a correr as sete carreiras que hai programadas para este mes de xuño. Agás dúas delas, que coinciden o mesmo día, o resto son perfectamente compaxinables. Atréveste a correlas todas?

Este mes de xuño contará con máis carreiras que a propia Universidade de Vigo. Queres saber cales son? Toma nota. A primeira será este sábado 1, cando no barrio de Beade correrase a VIII Carreira da Cereixa. Este ano a proba ofrece dúas opcións, 10 quilómetros para os máis ousados e 5 para os demáis. Todos terán que retarse ante as costas da parroquia viguesa e o sol de primeira hora da tarde.

O día despois será a quenda da 10ª Marcha Solidaria Contra a Leucemia, tamén coñecida como “700 Camisetas contra a Leucemia”. Esta será a 9ª edición desta marcha que transcorre desde o CC A Laxe de Vigo ata a Praza da Peregrina de Pontevedra ao longo de 36Km. A iniciativa pretende fomentar a doazón de medula ósea e sangue en Galicia e fóra de Galicia a través do deporte e da saúde.

A coñecida como “Carreira dos Valentes”, a VII Nocturna Correndo por Vigo, terá lugar o sábado 8 ás 22:00, con saída da Florida. Un total de 10km tras os que os atletas poderán ducharse e gozar das instalacións do SPA de Máis que Auga – Florida. Ademais poderán gozar dunha cervexa e unha porción de pizza ao finalizar a súa participación na carreira.

Ao día seguinte a festa transládase aos aledaños do campo de fútbol de O Vao, onde terá lugar a Coruxo Móvese, unha carreira inclusiva organizada pola Fundación Isidro Esteve, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida de persoas con discapacidade ou mobilidade reducida. Haberá unha andaina accesible, unha carreira de orientación e multitude de actividades para todo tipo de público.

A Carreira Feminina de Vigo volverá tinguir de rosa as principais rúas da cidade de Vigo o próximo domingo 16, Este ano os beneficios serán a favor de “Mulleres en Igualdade de Vigo”. Correndo ou andando, espérase unha participación próxima ás 2000 mulleres e nenas de todas as idades. Contraprogramando este evento estará o debut da I Carreira Solidaria Aeroporto de Vigo, onde se poderá correr pola mesma pista de aterrizaxe dos avións.

CAMELIAS NADAL

Por último, para dar a benvida ao verán a noite do 23 centos de persoas correrán a XXXVI Carreira Nocturna de San Xoán, na que haberá sardiñas asadas para todos e todas as participantes ao remate da carreira.  A saída será ás 21:00 desde a Praza do Rei e a chegada será na Praza do Berbés.