Ilustres enterrados en Pereiró amósanoso seu cemiterio
O pasado venres 19 comezaron as visistas caracterizadas ao Cemiterio de Pereiró, unha práctica que se repetirá cada fin de semana ata finais de novembro. Todas as prazas están esgotadas, o que demostra o interese que esperta na cidadanía percorrer este lugar, guiado por personaxes históricas.
Aínda que camiñar entre tumbas ao anoitecer a priori poida soar terrorífico, e máis achegándose o Samaín, a realidade é que as visitas caracterizadas polo Cemiterio de Pereiró son ben amenas. Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares) exercen de guías nestes peculiares percorridos que teñen lugar cada fin de semana de outubro e novembro ás 19:00.
Concepción Arenal será quen nos dé a benvida nada máis entrar ao cemiterio, e nos amosará as tumbas de personaxes ilustres da nosa cidade, como a de Ángel de Lema y Marina (fundador do Faro de Vigo), Francisco Tapias ou a do doutor Cesáreo Corbal. Ademais de contar un pouco da vida e obra destas persoas, Arenal fará un pequeno repaso da súa propia, e nos explicará certos símbolos moi comúns nos cemiterios como poden ser as cruces, os mantos ou os anxos.
Ao chegar ao mausoleo de Policarpo Sanz, será a súa muller, Irene de Ceballos, quen continúe a visita. Coñeceremos máis sobre a vida da muller que deu nome ao instituto Santa Irene e doutras personaxes alí enterradas como Manuel Álvarez, José García Barbón e Isaac Fraga. Tamén teremos a oportunidade de ver un antigo coche fúnebre mantido en perfectas condicións.
As outras dúas personaxes que continuarán a visita serán Bernardo González del Valle, máis coñecido como Cachamuíña, e Mª de los Milagros Elduayen, a oitava Marquesa de Valladares e muller de Fernando Quiñones de León. Ambos contarán as súas vivenzas, o primeiro xunto a tumba homenaxe aos caídos durante a Reconquista e ela dentro da capela do cemiterio.
As visitas, realizadas pola compañía Águias de Vigo, son de balde e dun máximo de 25 persoas cada día. Para inscribirse é necesario acudir ao Centro de Recepción de Visitantes de la Estación Marítima de 10:00 a 17:00. Aínda que as prazas estás esgotadas podemos inscribirnos na lista de espera por se houbese algunha baixa.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024