REVISTA ABRIL

Últimas prazas para as visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró

Chega o Samaín e con el as visitas nocturnas ao cemiterio de Pereiró. Pero non serán unhas visitas normais, xa que serán teatralizadas e protagonizadas por personaxes históricas como Concepción Arenal, Bernardo González del Valle (Cachamuíña) ou a Marquesa de Valadares. E bule, que quedan moi poucas prazas!

REVISTA ABRIL

Este venres 19 comezan as visitas nocturnas teatralizadas polo cemiterio de Pereiró. O resto de días que terán lugar serán o 20, 21, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de outubro e de venres a domingo durante novembro, sempre de 19:00 a 21:00.

Para inscribirse é necesario acudir ao Centro de Recepción de Visitantes de la Estación Marítima de 10:00 a 17:00, mais xa son poucos os días dispoñibles, o que demostra o interese que despertan este tipo de iniciativas entre a cidadanía. É totalmente de balde e a partir de 16 anos, e cada grupo terá un máximo de 25 persoas.

Algunhas personaxes históricas da nosa cidade como a xornalista e escritora Concepción Arenal, a Marquesa de Valadares ou Bernardo González del Valle guiarán aos visitantes polas tumbas doutras personalidades locais e farán un repaso teatralizado á historia de Vigo.