VIALIA
bannerPicnicSesions

Ilustres enterrados en Pereiró amósanoso seu cemiterio

O pasado venres 19 comezaron as visistas caracterizadas ao Cemiterio de Pereiró, unha práctica que se repetirá cada fin de semana ata finais de novembro. Todas as prazas están esgotadas, o que demostra o interese que esperta na cidadanía percorrer este lugar, guiado por personaxes históricas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Aínda que camiñar entre tumbas ao anoitecer a priori poida soar terrorífico, e máis achegándose o Samaín, a realidade é que as visitas caracterizadas polo Cemiterio de Pereiró son ben amenas. Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares) exercen de guías nestes peculiares percorridos que teñen lugar cada fin de semana de outubro e novembro ás 19:00.

Concepción Arenal será quen nos dé a benvida nada máis entrar ao cemiterio, e nos amosará as tumbas de personaxes ilustres da nosa cidade, como a de Ángel de Lema y Marina (fundador do Faro de Vigo), Francisco Tapias ou a do doutor Cesáreo Corbal. Ademais de contar un pouco da vida e obra destas persoas, Arenal fará un pequeno repaso da súa propia, e nos explicará certos símbolos moi comúns nos cemiterios como poden ser as cruces, os mantos ou os anxos.

REVISTA ABRIL

Ao chegar ao mausoleo de Policarpo Sanz, será a súa muller, Irene de Ceballos, quen continúe a visita. Coñeceremos máis sobre a vida da muller que deu nome ao instituto Santa Irene e doutras personaxes alí enterradas como Manuel Álvarez, José García Barbón e Isaac Fraga. Tamén teremos a oportunidade de ver un antigo coche fúnebre mantido en perfectas condicións.

As outras dúas personaxes que continuarán a visita serán Bernardo González del Valle, máis coñecido como Cachamuíña, e Mª de los Milagros Elduayen, a oitava Marquesa de Valladares e muller de Fernando Quiñones de León. Ambos contarán as súas vivenzas, o primeiro xunto a tumba homenaxe aos caídos durante a Reconquista e ela dentro da capela do cemiterio.

As visitas, realizadas pola compañía Águias de Vigo, son de balde e dun máximo de 25 persoas cada día. Para inscribirse é necesario acudir ao Centro de Recepción de Visitantes de la Estación Marítima de 10:00 a 17:00. Aínda que as prazas estás esgotadas podemos inscribirnos na lista de espera por se houbese algunha baixa.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.