UVIGO
FILLOAS

Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro

Este ano fai unha década que as instalacións de Súbete ao Castro, iniciativa dirixida á mocidade que contaba con salas de ensaio e concertos gratuítos, pechaba as súas portas de xeito definitivo por uns supostos problemas de humidades. Para conmemorar esta efeméride e axudar a manter vivo o legado dunha das grandes iniciativas culturais locais, gustarianos recompilar o maior número posible de imaxes, vídeos e historias relacionados co Súbete ao Castro. Se tes algúns destes materiais, podes envialos a eventos@amovida.gal.

Concerto de Brainwave, xunto a Daniela Costas, nos Castroconcertos de 2012 | Cedida por Denis Carballás

Os problemas de humidades sempre son complicados de arranxar. Que llo digan ao Concello de Vigo, que leva unha década para solucionar os que provocaron o peche indefinido das instalacións do Súbete ao Castro, situadas no alto deste monte vigués. A semana pasada publicabamos un artigo no que nos faciamos eco das palabras do concelleiro de Facenda de Vigo, Jaime Aneiros Pereira, que considerou oportuno calificar o Súbete ao Castro como un “fracaso estrepitoso”. Non volveremos sobre ese tema, pero si que foi indicativa a resposta de moita xente mostrando o seu rechazo ás verbas do político e poñendo en valor a importancia de iniciativas como aquela.

Para manter o máis vivo posible o recordo do Súbete ao Castro no décimo aniversario do seu peche, propoñémonos recompilar a maior cantidade posible de fotografías, vídeos e historias relacionadas con este movemento cultural: concertos, ensaios, actividades, lembranzas… Todo o que consideredes que poida sumar podedes envialo a eventos@amovida.gal. Tamén nos vale material relacionado coa Casa da Xuventude, que tamén se atopa nunha situación similar ao do seu compañeiro desde hai oito meses. Cando teñamos unha certa cantidade de material reunirémolo nun artigo da nosa web e compartirémolo a través das nosas redes sociais.

Instalacións de Súbete ao Castro | Grupos de Vigo en Loita
CAMELIAS NADAL
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.