Un final nada desexado para un gran Marisquiño
Tres xornadas de deporte, música e diversión rematan da peor forma posible cun derrubamento durante o concerto de Rels B. A pesar deste desgrazado accidente, xa coñecemos todos os gañadores e gañadoras das distintas probas deportivas do festival.
O tráxico final vivido o domingo a noite non debería facernos esquecer o fantástico espectáculo deportivo vivido esta fin de semana en Vigo. O venres atopámonos con numerosas probas clasificatorias, adestramentos e exhibicións nas diferentes disciplinas, como por exemplo skate, basket 3×3 ou dirt jump. Tamén vimos workshop dirixidos aos nenos e nenas, como os de break dance e graffiti, demostrando que O Marisquiño é para todas as idades. Para rematar o día puxeron a banda sonora La Cloaka Soudn, Zetazen, Les Catizos, Ylia, Esteban & Manuel e One Path.
O sábado continuaron as fases clasificatorias en skate, BMX, dirt jump, break dance e flatland. No referente ao basket 3×3, a principal novidade desta edición, xogáronse 8 partidos, cun gran éxito de afluencia. O sábado tamén supuxo a volta a Vigo de Nicholi Rogatkin, considerado o mellor atleta de dirt jump do mundo, quen deleitou aos presentes cos seus saltos nos clasificatorios do Gold Event. Pola noite o público puido gozar cos concertos de Lizzies, We Ride, Agoraphobia e Muerta Sánchez no escenario principal.
O domingo presentábase como o día grande do festival, xa que nel terían lugar todas as semifinais e finais das distintas modalidades. Lástima do tempo, que tan ben se portou o resto de días, que amenazou chuvia toda a tarde ata que finalmente abriu o grifo a iso das 18:00, impedindo desta forma que se desputaran algunhas probas, como a final de basket 3×3 entre o Basket Gijón do ex-NBA Robert Swift e La Fiesta de los Maniquíes, equipo local. Outra das grandes mágoas foi a cancelación da proba freestyle de motocross, un dos grandes atractivos do evento. Nalgunhas disciplinas, como skate, dirt jump e BMX, non puideron celebrarse todas as fases debido ás condicións climatolóxicas, polo que as clasificacións elaboráronse cos resultados das anteriores probas clasificatorias.
Na modalidade skate feminino sorprendeu o segundo posto da considerada a mellor skater do mundo, a brasileira Leticia Bufoni, por detrás de Candy Jacobs. O madrileño Danny León conseguiu dous podios: unha prata na modalidade street e un bronce na de minihalf. A lenda do flatland Viki Gómez fíxose co primeiro posto nesta categoría, e en dirt jump sorprende a ausencia de Nicholi Rogatkin no podio, encabezado por Lucas Huppert. No descenso polo Casco Vello Marco Veiga foi o máis rápido dos homes, cun tempo de 01’09”239”’, mentres que Eva Castro volve a gañar na modalidade feminina por segundo ano consecutivo. Mención especial á viguesa Uxía Álvarez, segunda clasificada con só 14 anos, unha das promesas do MTB nacional. A xornada rematou como xa sabemos, eclipasando desgrazadamente un gran festival de deporte e música con 18 anos de traxectoria.
Estes son todos os resultados das probas competitivas:
SKATEBOARDING:
World Cup Skateboarding. Modalidad Street Mulleres
1a Candy Jacobs
2a Leticia Bufoni
3a Keet Oldenbeuving
World Cup Skateboarding. Modalidade Street Homes
1o Gustavo Ribeiro
2o Danny León
3o Justin Sommer
World Cup Skateboarding. Modalidade Minihalf:
1o Jake Ilardi
2o George Poole
3o Danny León
Best Trick: Gustavo Ribeiro
BMX QUEIMADA CONTEST:
Categoría Open Park Pro Homes:
1o Daniel Dhers
2o Sergio Layos
3o Daniel Peñafiel
Categoría Street Pro Homes:
1o Courage Adams
2o Dan Paley
3o Gaspar Guendulain
Categoría Pro Mulleres:
1a Teresa Fernandez de Miranda
2a Siva Cole
3a Rebeca Dávila Lago
BMX FLATLAND:
1o Viki Gómez
2o Varo Hernández
3o Alberto Moya
FMB DIRT JUMP GOLD EVENT FINALS:
1o Lucas Huppert
2o Tom Isted
3o Dawid Godziek
MTB DOWNTOWN:
Homes:
1o Marco Veiga Amado (1:09:239)
2o Alejandro Ledo Souto (1:10:767)
3o Edgar Carballo González (1:11:270)
Mulleres:
1a Eva Castro Fernández (1:27:658)
2a Uxía Alvárez Blanco (1:33:908)
3a Paula Seoane Fernández (1:50:398)
BASKET 3X3 HOMES:
1o Basket Gijón
2o Fiesta de los Maniquíes (Vigo)
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024