VIALIA
bannerPicnicSesions

Derrúbase parte do paseo das Avenidas no concerto de Rels B

O concertos de O Marisquiño quedan suspendidos por mor do accidente. Varios mozos caen ao mar tras derrubarse parte da plataforma de madeira.

REVISTA ABRIL

Segundo informa a policía a estrutura de madeira do paseo de As Avenidas viuse abaixo durante o concerto do trapero Rels B e varios mozos resultaron feridos ao caer a auga. O accidente ocorreu arredor da media noite e a zona afectada do paseo foi a máis próximo ao Edificio da Xunta de Galicia. Os primeiros indicios apuntan ao exceso de peso na zona onde había numerosos mozos saltando e bailando.

Ao lugar do accidente desprazáronse varias dotacións de bombeiros, policía local e ambulancias. A Policía Nacional confirma que non hai falecidos e polo momento se descoñece a gravidade dos feridos.

Os concertos do resto da xornada foron suspendidos.