29 bares e restaurantes participan no concurso de petiscos Retapas
Entre o 4 e o 20 de marzo celébrase a quinta edición do concurso gastronómico Retapas, no que 29 establecementos do Casco Vello de Vigo buscan conquistar con propostas de tapas e cócteles baseadas na tradición gastronómica galega ou francesa. Nesta ocasión, os comercios da zona tamén se unen ao festín e os comensais optarán a premios participando nas redes sociais.
A festa da Reconquista de Vigo cumpre 213 anos e o Retapas, o certame gastronómico que acompaña á festa do choripán, cumpre cinco. O concurso, que terá lugar do 4 ao 20 de marzo, ámbolos dous incluidos, conta con 29 establecementos participantes, e está organizado desde a Asociación de Hosteleiros e Comerciantes do Casco Vello en colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello.
En canto aos pratos que participan a oferta é, como xa é costume, moi variada, pero sendo Vigo un porto de mar, abundan os peixes e os mariscos e tamén atopamos moitos petiscos co queixo ou o porco como protagonistas. Todos eles teñen como fonte de inspiración a gastronomía galega e a francesa, e un prezo fixo de 3€.
Ademais dos pratos e bebidas, oito locais comerciais da zona participan activamente sorteando lotes de produtos das
entidades colaboradoras entre todos os clientes que realicen unha compra de calquer valor entre o 4 e o 20 de marzo.
Os establecementos que participan son: Allur, Vaidhé, O gato con Joyas, Arjeriz, Estanco Elduayen, Sweet Paripé, Black Flamingo Tattoo e Pitiusas. Tamén se sortearán lotes de produtos entre todos os que compartan en Instagram unha foto da tapa ou cóctel etiquetando a Asociación Casco Vello e Certame Retapas.
Que gañará a batalla? Decidirao un xurado conformado por representantes de diferentes sectores da nosa cidade: cultural, enogastronómico, deportivo… e tamén polos veciños e clientes dos establecementos do barrio.Estas son todas as tapas que poderemos probar durante os 16 días que dura o concurso:
TAPAS
A Lareira, Mimosas
A Retranca, Cochinita Galega
Baiuca, Volovant de boi de mar
Bar Dakar, O segredo galego
Bella Nápoli, Unhas croquetas moi galegas
Buqué, Cañitas ao Buqué
Cervexería Nós, Taco Nós
El Amante, Samosas de cacheira
El Mosquito, Volandeira galega + ramallo de mar
Garatuxa, O porquiño polo que vale
La Central Gastro, Sando Katsu de brioche con carrilera e sardiña afumada
La Comidilla, Crêpe Adolfiño
La Contenta, A Rumorosa e La Marsellesa
La Favorita, De Rechupete
La Pintxoteca, Volcán de Arzúa
La Quesería, Filloa do Mar
La Sidrería, Canard a l’orange
Lume de Carozo, Albóndegas coas mans
Paparrúa, Aturuxo
Pintxoteca Mar, Peixe na fogueira
Polbo bar, Tortilla francesa con polbo e queixo de Arzúa
Puro Delirio, Bechamar
Sibarita, Red Hot Chili Peppers
Taberna A Mina, Sardiña Josefina
Tapería Sireno, La Isla
Terrabowls, La teta de la libertad
VHS, Cómeme o mexilón
Prezo único: 3€.
CÓCTELES
Bar Princesa, Quitapenas
La Quesería, Moi Noso
Paparrúa, Grolo
Puro Delirio, Esperta, carallo!
Sinatra Cóctel Bar, Queimagorxas
Taberna A Mina, Bloody Napoleón
Terrabowls, Randem
VHS, Mojiño
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024