18 locais do Casco Vello participan no III Retapas ata o 26 de marzo
Como vén sendo habitual nos últimos anos, volve o Concurso Gastronómico Retapas nas vésperas da Reconquista, con 18 locais do Casco Vello competindo por ofrecer a mellor tapa da zona. Terá lugar do 5 ao 26 de marzo.
Hai que ir collendo forzas para a Reconquista, e que mellor forma de facelo que no Concurso Gastronómico Reatapas, que se celebrará do 5 ao 26 de marzo en 18 locais do Casco Vello. O prezo de cada tapa será de 2.50€, bebida non incluída.
Os locais participantes serán: A Sidrería, Bocadini, La Quesería, La Sabrosa, Calma Chicha, Mosquito, Paparrúa, Retranca, Gavina, Baiuca, Pintxoteca Mar, A Curuxa, Polbo Bar, Pintxoteca, La Contenta, Vaiche Boa, Lume de Carozo e Nós. Estes establecementos estarán divididos en catro zonas : Porta do Berbés, Porta do Mar, Porta da Falperra, Porta do Sol e Porta da Gamboa. Para participar no sorte dun lote de produtos e demais agasallos sorpresa tes que consumir como mínimo unha tapa de cada unha das portas.
A tapa, que terá que ser orixinal, contará na súa elaboración cando menos cun produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe (D.O.) ou Indicacións Xeográficas Protexidas (I.X.P.) de Galiza. O Xurado (conformado por representantes do mundo da eno-gastronomía, da cultura, do deporte e do movemento veciñal) designará as 3 tapas premiadas como “mellor Retapa 2020” entre as propostas finalistas das que valorarán a súa elaboración, o seu sabor, a súa presentación e a súa creatividade entre 0 e 10 puntos cada unha delas.
Os establecementos servirán as tapas, cando menos, dende as 12:30 ás 14:00 horas, e entre as 20:00 e ás 22:00 horas, podendo ampliar o mesmo se así o desexan. O público elixira a tapa gañadora da categoría “Mellor Re-tapa do público”. Para iso na papeleta votará a que considere mellor. Para que as papeletas sexan válidas deberán ter, polo menos o selo de 5 locais diferentes.