REVISTA ABRIL

Re-tapas: Concurso de tapas no Casco Vello para reconquistar o estómago dos vigueses

Xa falta menos para a festa máis agardada polos vigueses: A Reconquista. Aquelas almas máis impacientes poden ir desquitándose co Re-tapas, un novo concurso de tapas que comeza mañá no Casco Vello e ten por obxectivo reconquistar o estómago dos vigueses.

Mañá, mércores, arranca o I Certame Gastronómico Re-tapas que se celebrará en 34 locais do Casco Vello ata o vindeiro 25 de marzo. O certame propón cinco itinerarios diferentes polo Vigo Vello, que inclúen entre 6 e 7 locais: Ruta Porta do Berbés, Porto do Mar, Porta da Falperra, Porta do Sol e Porta Gamboa. As tapas terán un prezo único de 2 euros.

Todas as tapas participantes son elaboradas con polo menos un ingrediente pertencente a unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida de Galicia. Os petiscos competirán por facerse co premio á ‘Mellor Retapa 2018’ e ‘Mellor Retapa con Maridaxe 2018’. Ademais, todos aqueles que proben unha tapa de cada unha das rutas propostas poderán entrar no sorteo dun dos 25 lotes de produtos das empresas colaboradoras.

(GMT+01:00) Casco Vello