VIALIA
bannerPicnicSesions

10 plans para a fin de semana prerreconquista

Esta última fin de semana de marzo, a piques de comezar a Reconquista de Vigo e cunha pequena previsión de chuvia que non nos pode frear, propoñemos dez plans para facer do 24 ao 26 de marzo. Concertos, espectáculos e gastronomía entre outras cousas. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida!

Salvador Sobral en Terraceo 2022 | Foto: Paula Cermeño

Prepárate para a Reconquista de Vigo – Sábado e domingo

Esta fin de semana non poderemos desfrutar aínda do multitudinario mercado, pero comezan os actos da Reconquista con concertos e a toma da cidade por parte das tropas de Napoleón. O sábado 25 a Orquestra Xuvenil KV2211 ofrece un concerto na Colexiata a mediodía. Pola tarde, a praza do Berbés acolle a representación da destitución do alcalde Cairo, por Napoleón, seguida de actuacións musicais. O domingo 26 de marzo, ás 12:00 h o exército francés paseará polas rúas de Vigo, ao tempo que podemos gozar do espectáculo de danzas do mundo e baile tradicional no Berbés e da música de bandas de gaitas na praza da Pedra. Todas as actividades son de balde e neste artigo tes máis información e horarios.

Festa dos callos – Venres, sábado e domingo

Durante toda a fin de semana, o parque da riouxa en Teis será escenario de actuacións musicais, mercado de artesanía, animacións infantís, pulpeira, atraccións infantís e degustación de callos. Tres días de festa para coller o ritmo dos próximos días da Reconquista.

Conferencia de Juan Llorca – Sábado ás 11:00h

Juan Llorca é un dos cociñeiros máis coñecidos grazas á súa paixón pola nutrición, especialmente a infantil, e a súa facilidade para transmitila. Tras traballar nalgunhas cociñas con estrela Michelín, Juan dedícase agora a axudar a que as persoas atopen o benestar a través da alimentación. Esta actividade está organizada por Savia Yoga Integral, pero a charla será no Teatro Afundación, e podes mercar as entradas en Ataquilla desde 22,00€.

Vermú creativo con Felicetta Gualtieri – Sábado de 12:00h a 14:00h

O Almacén Cultural organiza unha sesión vermú con música e petiscos no que ademais poderemos coñecer a colección de roupa da artista do upcycling Felicetta Gualtieri. Tamén podes apuntarte no obradoiro ‘Desenvolve a túa creatividade’, que imparte a propia Felicetta e no que aprenderás técnicas para deixar fluir a túa creatividade. O obradoiro ten un custe de 10€ e precisa inscrición previa.

Concerto de Sara Casas – Sábado ás 12:30h

Sara Casas é unha cantautora galega que canta á inxustiza, á terra e ao amor. Influenciada polas historias persoais de xente de todas as partes do mundo e artistas como Chavela Vargas, Silvio Rodríguez, Cesaria Évora ou Silvia Pérez Cruz. Canta en español, galego, portugués, inglés e francés. O concerto é en sesión vermú en A morada e a entrada custa 6€.

Viguesiños contra gabachiños no Centro Comercial Camelias – Sábado 12:30h

Evento que consiste nun xogo onde tanto nenos como pais poden participar xuntos e coñecer a historia da Reconquista de Vigo. Será unha competición entre dous equipos (viguesiños e gabachiños) que a través de enigmas e probas, xogarán e aprenderán a historia deste feito tan importante. Unha vez rematado o evento, procederemos a realizar unha chocolatada solidaria en colaboración con Aldeas Infantiles, todo na planta alta do Centro Comercial Camelias.

Más amigas y más vecinas + Batalla DJs – Sábado ás 20:00h

A Sala Kominsky convértes en escenario de microteatro coa proposta de Teatro Gorrilla Más amigas y más vecinas, un breve e intenso repaso das novas aventuras das amigas de Marinita e das veciñas do seu edificio, como se relacionan entre elas e no espacio hostil no que conseguen sobrevivir. Historias críticas coa sociedades actual, cargadas de humor e cancions cantadas por Marinita en rigurosisimo playback. Entrada inversa. A continuación, a partir das 21h hai unha batalla de DJs organizada por Swing On. A entrada custa 3€.

Canto á emigración – Sábado 20:30h

A Orquestra Clásica de Vigo retoma este sábado, 25 de marzo, a temporada Escoitas cun concerto especial onde interpretará en directo a banda sonora do filme Canto de emigración, a reconstrución feita por Pepe Coira. A cita é ás 20:30 horas no auditorio do Teatro Afundación e as entradas xa están á venda na plataforma Ataquilla.

Concerto de Salvador Sobral – Sábado ás 21:00h

REVISTA ABRIL

O próximo sábado 25 de marzo ás 21:00 horas Salvador Sobral retorna ao Auditorio Mar de Vigo para presentar o seu último traballo, bpm, e adiantar algúns dos temas nos que está a traballar nestes momentos. O artista portugués, famoso por gañar Eurovisión en 2017, continúa atraendo público grazas á calidez e a honestidade da súa música, afastada do mainstream. Merca as entradas en Teuticket, desde 22€.Podes leer a interesante entrevista que realizamos premendo aquí.

Carreira Vigbay – Domingo ás 10:30

A carreira máis importante da cidade é este domingo, e aínda que xa non podes apuntarte para participar, podes ir a animar aos corredores. O circuito percorre Vigo, Nigrán e Baiona e os preto de 4000 corredores inscritoscompetirán na media maratón e na minibay, un percorrido de 10 k que vais desde Panxón ata Baiona. Podes consultar más información do percorrido na páxina web. A Vigbay será homenaxeada este ano como Vigués Distinguido polo Concello.