VIALIA
bannerPicnicSesions

Conferencia Juan Llorca

25mar11:00Conferencia Juan LlorcaACTIVIDADES PARA O COCO | 22,00€11:00(GMT+01:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

Juan Llorca está entre as 50 persoas que lideran o futuro da alimentación. A súa misión nesta vida é compartir e ensinar, faino a través de conferencias e cursos. A súa verdade converteuse nunha chave para que moitas persoas atopen, como el, o benestar a través da cociña. Tras traballar nalgunhas cociñas con estrela Michelín, Juan descubriu un enorme interese pola nutrición, sobre todo entre os máis pequenos.

Juan segue o método BLW. En que consiste?

As siglas BLW proveñen do termo “Baby-led Weaning” que se refire ao comezo da alimentación complementaria dirixida polo bebé. Tamén se coñece ao método BLW como “alimentación autorregulada” e abarca moito máis que a forma na que se presentan os alimentos, que en lugar de ofrecerse triturados ofrécense a modo de sólidos brandos (con algunhas modificacións para facelos máis seguros); porque ademais contempla que as comidas se realicen en familia, que se ofrezan alimentos saudables para que sexa o bebé quen coas súas mans os leve á boca e que sexa cada bebé o que decida se comerá e canto comerá de cada alimento ofrecido (mantendo a alimentación a demanda). Todo isto coa finalidade de ofrecer aos bebés unha alimentación variada e saudable, que promova o seu adecuado desenvolvemento e que lles permita establecer unha mellor relación coa comida desde o inicio.

Juan ten unha visión divertida, transgresora e transformadora. A alimentación infantil pode ser moito máis sinxela de entender do que parece, se sabemos discernir de todo o ruído de fóra, o realmente correcto. Unha alimentación sá, saborosa e divertida.

É a primeira charla presencial de Juan Llorca en Vigo e terá lugar o 25 de marzo ás 11:00.

Mercar entradas


Esta actividade está organizada por Savia Yoga Integral, un centro de ioga aberto por María García que avoga por alcanzar un equilibrio físico, emocional e mental a través dunha actividade espiritual que nos leva ao autocoñecemento. Máis información na súa web.

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+01:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events