VIALIA
bannerPicnicSesions

Reconquistiña Camelias

25mar12:30Reconquistiña CameliasPEQUERRECHOS | De balde12:30(GMT+01:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O Centro Comercial Camelias acolle un evento para os máis pequenos relacionado coa celebración do día da Reconquista: Reconquistiña Camelias: Viguesiños vs. Gabachiños. Ten lugar o sábado 25 ás 12:30h no Centro comercial Camelias.

O evento consiste nun xogo onde tanto nenos como pais poden participar xuntos e coñecer a historia da Reconquista de Vigo. Será unha competición entre dous equipos (viguesiños e gabachiños) que a través de enigmas e probas, xogarán e aprenderán a historia deste feito tan importante. A intención é fomentar o traballo en equipo e ofrecer outras formas dinámicas de aprender sobre historia. Unha vez rematado o evento, procederemos a realizar unha chocolatada solidaria en colaboración con Aldeas Infantiles.

Sábado 25 ás 12:30h na planta alta do Centro Comercial Camelias.

Máis

Hora

(Sábado) 12:30(GMT+01:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events